La Opinión de A Coruña

La Opinión de A Coruña

David Rubín | Dibujante gallego, invitado en ‘Viñetas desde o Atlántico’
David Rubín Dibujante gallego, invitado en ‘Viñetas desde o Atlántico’

“A pandemia mudou o meu xeito de enfocar o traballo”

“Levo anos loitando para poder publicar un libro meu en galego e castelán o mesmo día de estrea”

El dibujante gallego David Rubín, este miércoles, en la rúa de la BD de Viñetas desde o Atlántico Casteleiro/Roller Agencia

David Rubín participa na vixésimo quinta edición de Viñetas desde o Atlántico. Ademais de atender aos afeccionados e participar nunha conferencia xunto a Emma Ríos, o debuxante ourensán actualizou o estado da súa traxectoria con O Lume como o gran traballo no que leva inmerso os últimos anos e que chegará ás librarías o 1 de decembro en galego e en castelán.

Ilustración para La Opinión David Rubín

Como se atopa neste punto da súa carreira dentro do mundo do cómic?

Estou a pasar un bo momento creativo, moito máis maduro que hai uns anos. Tamén o tomo doutra maneira. Cousas como a miña última novela gráfica, O Lume, son un reflexo da miña etapa actual.

De que xeito enfocou O Lume?

Marca un antes e un despois no meu traballo. Así como O Heroe foi un impasse no meu xeito de facer cómics, e O Lume diría que é o seu reverso escuro. Toca temas similares, pero noutra óptica máis pesimista e madura. Polo medio meteuse o tema da pandemia, que me fixo reflexionar moitísimo. Cambiei moitas cousas do guion. A pandemia mudou o meu xeito de ver certos temas e enfocar o meu traballo. Afectoume moito ver como se nos escapa a vida. Non podes ver ós teus pais durante meses, a túa filla non pode estar cos seus avós e hai xente que morre sen poder despedirte dela. Todo influiu en que tipo de historias quero contar e como pretendo tratalas.

Con que filosofía aborda agora os seus proxectos profesionais?

Máis que o económico, no que son afortunado, preocúpame o feito de invertir dous anos da miña vida nun proxecto. Teño que ser un artista diferente cando remato a obra. Isto aconteceu con O Lume. Empeceino como un xeito de enfocarme a min mesmo como artista. Facelo axudoume a saber máis sobre min mesmo, pero, ao mesmo tempo, resultou ser una tarefa moi esgotadora animicamente. Cada día, cando deixaba a xornada de traballo, sentíame esgotado. Normalmente divírtome moito facendo cómics, planificando as páxinas e contando as historias. Porén, neste proxecto, aprendía cousas sobre min en cada páxina. A nivel argumental ten moita carga persoal. É o traballo máis dificíl que fixen ata agora, pero tamén o máis safisfactorio de todos.

Sairá en castelán e en galego o mesmo día.

As dúas versións sairán o día 1 de decembro. Levo anos loitando para poder publicar un libro meu en galego e castelán o mesmo día de estrea. Cos que fago para Estados Unidos é máis complicado porque os dereitos son máis caros, queren a exclusiva e aquí tería que saír meses despois. Ao seren un libro para España feito con Astiberri Ediciones, foi máis sinxelo lanzalo en galego nunha coedción. Tiña claro que quería facelo con Demo Editorial. Levan anos facendo un bo traballo en Galicia e foron os primeiros en arriscarse por mín.

Compartir el artículo

stats