As Lúas de outono de onte tiveron un sabor un pouco máis triste que as edicións anteriores, nas que se honraba e se devolvía ao teatro Rosalía de Castro algunha obra do autor chairego de nacemento e coruñés por decisión propia, Manuel María. Faltaba no patio de butacas Saleta Goy, a súa parella, que finou o pasado 10 de setembro, así que, para ela, foron tamén estas Lúas de Outono, que tiveron música, poemas e a representación de A lúa vai encuberta.