Literatura e astronomía para recordar a Jaítos
Estíbaliz Espinosa recupera un conto do falecido profesor e técnico do Planetario

Estíbaliz Espinosa posa co libro na Casa das Ciencias / VICTOR ECHAVE
Na Casa das Ciencias hai unha placa en recordo de Juan Carlos Medal, coñecido como Jaítos. Morreu no ano 2010, pero deixou unha pegada imborrable, sobre todo no mundo da astronomía. Foi mestre, membro fundador do museo situado en Santa Margarida e responsable técnico do seu planetario. Por iso, a placa di que todos os aplausos son para el. Hoxe, nese mesmo espazo, haberá outro homenaxe da man de Estíbaliz Espinosa, a poetisa e astrónoma que recuperou un conto de Jaítos que agora pode chegar a calquera casa. “Non era un conto para ser publicado, era un conto para ser contado a rapaces dun instituto de Monte Alto e explicar as observacións. Para poder mirar ao ceo e recoñecer as estrelas máis brillantes”, explica Espinosa, encargada da tradución ao galego e publicación do libro, O universo de Dona Pega, que conta coas ilustracións de Mariaxe Colaxe.
Esta fábula chegou a Estíbaliz Espinosa hai anos grazas ao astrofísico Borja Tosar. De feito, contou con él e co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, para iniciar esta aventura. “Jaítos era un extraordinario divulgador”, comenta a escritora, que opina que converter este conto en libro foi “un gran salto”.
Espinosa contou varias veces a fábula nalgúns actos e observacións. A resposta do público sempre era a mesma, unha pregunta sobre onde atopar ese conto. Aí apareceu a idea na súa cabeza e nunca marchou. “Solicitei unha axuda ao Concello de creadoras locais para facer o proxecto O entrelazamento, no que uno arte e ciencia. Incluín a edición, maquetación, revisión da traducción e publicación do conto”, relata, e avisa que “non é unha guía de astronomía” senón unha “fermosa historia” para saber máis do ceo nocturno.
O libro fala dun lugar no que “non hai máis que árbores, pegas e puntos brillantes”, desvela a escritora, quen hoxe, ás 19.30 horas, fará unha “presentación-homenaxe”, como ela mesma sinala. “Paréceme bonito recuperar a figura de Jaítos. Houbo algunhas editoriais que rexeitaron esta publicación, quizá porque é a única obra do autor, que non era escritor. Eu quero recuperar esa memoria”, confesa Estíbaliz Espinosa.
Non estará soa hoxe na Casa das Ciencias. Tamén participan na presentación Borja Tosar e Marcos Pérez Maldonado. Xuntos foron capaces de unir literatura e astronomía, pero a encargada da traducción do conto quere ir máis aló, porque tampouco entende a vida sen música. “Estarán tocando Isabel Gómez Alonso, ao piano, e Paulo Pascual, ao Theremin”, anuncia Espinosa, quen recorda que Jaítos tamén era un amante da música.
Suscríbete para seguir leyendo
- La alcaldesa de A Coruña destituye al concejal de Urbanismo ante el Icomos y como presidente de la comisión del plan de la Ciudad Vieja
- El barrio de A Coruña para huir de la nubosidad en el eclipse total de 2026: 'Aquí estamos por encima de las nubes
- Nueva batalla judicial por la cárcel de A Coruña: el Estado lleva al Ayuntamiento ante el Tribunal Supremo
- Preocupación entre los padres del alumnado de seis escuelas infantiles de A Coruña ante el cambio de gestión
- El histórico bar de A Coruña con una empanada casera que probó el Papa: 'Llegamos a vender 900 en un día
- La guía definitiva para ver el eclipse solar en A Coruña: recomendaciones, uso de las gafas y zonas a las que no se puede ir
- Sindicatos denuncian que empresas hosteleras de A Coruña ofrecen subidas salariales por no hacer huelga el día del eclipse
- La compra de un edificio de Greenalia impulsa la expansión hotelera en San Andrés, en A Coruña