Medre Santo Amaro navegante e medre o mar!

Foi Uxío Carré quen recuperou a lenda do Santo Amaro navegante,o descubridor da illa do Paraíso, en 1925, na parroquia San Miguel de Figueiroa, en Abegondo, pero é Xurxo Souto quen está a revivir esa lenda e onte, en compañía de decenas de persoas, levou esta historia ao seu mar, á praia de Santo Amaro, con pandeiretas, acordeóns e, sobre todo, con moita conexión atlántica. Porque Santo Amaro navegante, a pesar de non aparecer no santoral, celébrase non só na Coruña senón tamén en Lisboa e no barrio de Matamá, en Vigo.