A versión en galego que Iago Gordillo e Jon Amil argallaron xusto no momento do boom da canción de Shakira e Bizarrap e que tiña como protagonista a Piqué chegou ao Luar da TVG. Primeiro houbo charla con Xosé Ramón Gayoso na que explicou algunha das adaptacións na tradución e as referencias ao propio Luar na peza y despois touco cantar e bailar no programa pioneiro da televisión en Galicia cun público entregado e que demostrou que xa se sabe a letra.

Cando ao músico Iago Gordillo se lle ocorreu facer unha versión de Slomo, a canción coa que Chanel competiu en Eurovisión, non imaxinaba que meses despois sería Shakira o obxecto da súa seguinte adaptación nin todo o que se xerou despois en torno a canción. Pero, como di el mesmo, "é un pracer continuar con esta tolemia".