Ecodicionario galego
33. Slapp
Cosme Damián Romay Cousido Biólogo
Definición: s. f. Siglas de Strategic Lawsuit Against Public Participation, isto é, preito estratéxico contra a participación pública ou, noutras verbas, acción xudicial sobredimensionada dun xigante empresarial contra un particular ou pequena asociación. Esta definición non figura (aínda) no dicionario da RAG.
Palabras e expresións relacionadas: Lei: regra obrigatoria de carácter xeral establecida pola autoridade correspondente. Preito: disputa xudicial entre dúas ou máis partes. Denunciar: dar a coñecer publicamente unha mala acción ou un culpable dun dano ou delito. As definicións están no dicionario da RAG.
Cal é a súa importancia no ámbito do naturalismo?: O acrónimo Slapp créase a comezos dos anos 80, da man da profesora e doutora en Socioloxía Penelope Canan e do profesor e doutor en Dereito George W. Pring, ambos da universidade estadounidense de Denver. A intención deste tipo de preito é intimidar e calar voces críticas, que poden desistir dos seus obxectivos ante a presión xurídica e o elevado custo da defensa legal. Desde os anos 70 existen abondosos exemplos de slapps contra xornalistas, membros de ONG e tamén naturalistas, invariablemente por parte de grandes corporacións que ven ameazado o seu modelo de negocio por críticas de corte administrativo e económico, ou polo impacto social e no medio natural dos seus proxectos.
Por que está en auxe esta palabra?: Hai exemplos recentes de slapps arreo do mundo. Por exemplo, o activista ambiental portugués Arlindo Marquês padeceu unha Slapp por parte dunha xigantesca fábrica de celulosa a carón do Texo, á que acusaba de contaminar este río. Xa en Galicia, e segundo aparece nun exhaustivo informe de Greenpeace, un representante do Movemento Ecoloxista da Limia (Manuel García) denunciou as emisións de puríns e meixeira (excrementos de galiñas) desde explotacións gandeiras intensivas ás canles de drenaxe da antiga lagoa de Antela. Estas verteduras contaminantes irían parar posteriormente aos acuíferos limiaos e ao encoro das Cunchas, comprometendo seriamente a salubridade das augas. Segundo figura en prensa, estes feitos foron tamén denunciados pola Sociedade Galega de Historia Natural, Greenpeace e Adega, pero sería Manuel García o que recibiu, ademais de moitas presións, unha Slapp por parte dun xigante empresarial ourensán, solicitándolle un millón de euros en concepto de danos e prexuízos. Como novidade en relación ás Slapp, a finais de 2021 Tiemo Wölken e Roberta Metsola, agora Presidenta do Parlamento Europeo, redactaron o informe Protección para xornalistas, ONG e a sociedade civil fronte a preitos abusivos, que, como proposta de Directiva, sería aprobado por ampla maioría polo Parlamento Europeo en 2022.
- El mural de A Coruña nominado a mejor del mundo: pintado en 4 días y con una historia centenaria
- ¿Qué es un Zacaffé? La nueva apuesta de Inditex que abrirá a final de mes en A Coruña
- Las 70 plazas del aparcamiento de la estación intermodal para vecinos: estos podrán ser los precios y plazos
- Los taxis de A Coruña cortarán Alfonso Molina para manifestarse contra los VTC
- Radiografía de A Coruña: una ciudad envejecida que prevé tener 10.000 vecinos más
- Una de las familias más ricas de Cataluña, casera de la primera tienda de Zara del mundo, en A Coruña
- Os Mallos se prepara para despegar: 'Cuando la intermodal esté terminada, esto va a ser el centro
- El precio medio de nuevos alquileres en A Coruña baja de los 700 euros por primera vez en un año, pero también caen los contratos