La Opinión de A Coruña

Un golfo repleto de cetáceos

As augas coruñesas reciben ao longo do ano a 24 especies diferentes destes animais, como a parella de arroaces desta imaxe

 

Daniel Abelenda Lado / Marta Villar

As augas do golfo Ártabro contan cunhas 24 especies de cetáceos, algúns que as habitan de forma permanente e, outros, que o fan de forma estacional. A aparición do zifio varado nunha cala entre Mera e Santa Cruz chamou a atención dos investigadores da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma). O ecosistema mariño galego é “unha zona privilexiada desde o punto de vista oceanográfico e climatolóxico”, asegura Alfredo López, biólogo do Cemma.

A aparición de tres exemplares nos areais galegos nos últimos días alertou á asociación sen ánimo de lucro pola súa singularidade e polo hábitat no que adoitan localizarse, moi afastados das costas. “Os animais que aparecen varados poden vir de moi lonxe, como pasou estes días cos zifios”, explica Alfredo Lopez. Os investigadores advirten que os animais varados non son un indicativo das especies que habitan as augas más próximas. “Non nos facemos a idea das especies que viven habitualmente preto da costa”, conta López. “Nunca se van ver zifios vivos desde a costa porque son animais que viven en augas moi profundas, de mil a catro mil metros de profundidade. Só se poden atopar a 30 ou 50 millas da costa como mínimo”, exemplifica.

Zifio aparecido nunha praia de Oleiros nos últimos días

Zifio aparecido nunha praia de Oleiros nos últimos días

Os animais mariños que quedan varados con máis frecuencia nos areais da contorna coruñesa son os golfiños comúns como o que se pode ver na seguinte imaxe, apunta o biólogo mariño. Asegura que a razón é puramente numérica, xa que é a especie máis abundante en Galicia. “Non é unha especie que se poida ver con máis facilidade desde a costa porque vive un pouco afastada, en augas de cen metros de profundidade máis ou menos”, conta Alfredo López.

Pola contra, a especie que é máis frecuente avistar desde terra firme son os arroaces “porque viven dentro das rías”, conta. Engade que desde os cabos da ría de Ferrol é posible velos xunto con caldeiróns e, puntualmente, algúns golfiños comúns. Estes son lugares excepcionais porque “están en sitios altos e orientas cara ao mar aberto”, sinala o investigador do Cemma. Estes animais viven aquí todo o ano, aínda que é máis frecuente velas no verán debido ás condiciones climáticas. “Vai mellor tempo, hai menos ondas e a visibilidade é maior. Parece que no verán se ven máis, pero en realidade viven aquí todo o ano”, indica López.

Caldeirón

Caldeirón

Outros cetáceos si que chegan a Galicia de xeito estacional. Preto de A Coruña chegan sobre todo candorcas e baleas, como as que aparecen na seguinte imaxe. Estas últimas son as que máis acusan a estacionalidade. Aparecen en grupos que os investigadores denominan “nación balea”. Arrivan en agrupamentos moi numerosos e con especies diferentes. “Maiormente son baleas comúns, pero tamén as hai azuis e boreais”, comenta o biologo do Cemma. A formación destes conglomerados débese a un motivo de defensa, dado o reducido número de exemplares dalgunhas especies. “Hai tan poucas baleas azuis que non pode haber un grupo só delas”, lamenta o investigador.

Todos estes animais fan que o litoral galego sexa, según os expertos, “unha zona privilexiada” que se ve moi enriquecida pola explosión de vida que habitualmente ten luga na primavera, durante a época na que teñen lugar as mareas vermellas. Nese tempo aumenta a biodiversidade dos seres vivos, tanto animais coma vexetais. “E esa variedade vese reflictida tamén nos seus depredadores, que son os peixes, os mamíferos mariños, as aves e as tartarugas”, especifica Alfredo López.

El zifio de Oleiros es el tercero muerto en Galicia, algo "muy raro"

Ziphius cavirostris o ballenato de Cuvier, un cetáceo parecido al delfín, es la especie a la que pertenecía el ejemplar que hallaron muerto el pasado fin de semana, y ya en estado de descomposición, dos vecinas de Oleiros, Mónica y Tamara, cuando paseaban por una cala entre Santa Cruz y Mera. El cadáver ya llevaba mucho tiempo muerto y era prácticamente imposible saber de qué animal se trataba. Estas mujeres dieron la alerta para que acudiesen expertos como la Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) para poner en marcha el protocolo de actuación para animales marinos muertos, tomando imágenes, identificando especie, sexo y medidas y luego poder realizar necropsia o toma de muestras para determinar, entre otras, la causa de la muerte.

Aparece una especie sin identificar varada en la playa de Santa Cruz

Especie sin identificar en Oleiros.

“Pensábamos que era una piedra, pero vimos que estaba blando y ya pensamos en un animal o algo marino, pero nos fue imposible saber qué era. Pesamos que era mejor avisar de su presencia”, destacaba ayer Mónica Rodríguez. El Cemma, que desplazó a una persona a esta cala de difícil acceso, determinó que se trataba de un zifio y de la rareza de hallar este animal, pero sobre todo porque se trata del tercer ejemplar muerto que se descubre en las costas gallegas en los últimos días, tras uno detectado en Mañón y otro en Porto do Son.

“El de Oleiros es un macho adulto, de unos seis metros. Otro de los encontrados también era macho adulto y creemos que el tercero también, aunque no se pudo determinar porque estaba muy avanzada la descomposición. Se cree que era un grupo compacto de machos adultos. No hay ningún registro de un hallazgo similar en Galicia, sí con juveniles o hembras. Suele suceder en lugares como el Mediterráneo, o Canarias. El varamiento de zifios en Canarias se supo que se debió a unas maniobras militares”, destacó Alfredo López, biólogo del Cemma.

Este experto subraya que estos cetáceos viven a mucha distancia de la costa, a unas 200 millas, y a grandes profundidades donde se alimentan, a unos 3.000 metros, por lo que el hecho de que en unos quince días hallan aparecido tres en las costas gallegas “es un muy mal augurio”. Reiteró que estos varamientos de zifios se producen cuando se realizan en el mar maniobras militares o prospecciones petrolíferas, por el uso de sonares y cañones de exploración submarina que se usan, que pueden dañarles por la onda sónica o solo “asustarles, pero suben muy rápido desde grandes profundidades a la superficie y mueren por la descompresión”, subrayó Alfredo López.

“Hicimos consultas con algunos organismos para saber si había habido maniobras por la zona pero aún no tenemos ninguna confirmación”, agregó.

Más de 300 animales marinos vararon en las costas gallegas el año pasado, muy por encima de la media de los últimos treinta años según el Cemma. La mayoría fueron cetáceos, entre ellos tres tipos de zifios. En los últimos días también es noticia la muerte masiva de lobos marinos en Perú por la gripe aviar. “Solo se piensa en el corto plazo, no en lo que le vamos a dejar a las próximas generaciones”, alertó este biólogo.

stats