A cidade, un museo a ceo aberto

Iria Fafián, Sekone, Peeta e outros artistas tomarán os muros de diversos barrios da cidade con motivo do proxecto Itsmo

Mural de Alba Fabre.   | // LOC

Mural de Alba Fabre. | // LOC / Marta Otero Mayán

Os museos son recipientes que agochan, entre as súas paredes, todo tipo de marabillas. Porén, ás veces os museos son os propios muros. O festival Istmo, precisamente, nace con esa vocación: que as propias rúas da cidade dean acubillo ás disciplinas artísticas cuxas dimensións non collen ás salas convencionais. Converter a a cidade nunha grande galería de arte pública. “Levamos 15 anos facendo murais. Levar a cabo este evento supón que poidan perdurar no tempo e ir creando un museo ao aire libre, que todo o mundo poida disfrutar dos grandes artistas”, conta Javier Mourón, Mou, un dos organizadores do festival, que conta co patrocinio do Concello.

Pintura de Peeta.   | // LOC

Pintura de Peeta. | // LOC / Marta Otero Mayán

Sekone, Iria Fafián, Peeta, Alba Fabre, Miguel Peralta e Mr. Sortwo son os artistas escollidos para a primeira edición do festival. Os artistas terán á súa disposición cadanseu lenzo en branco nas paredes de distintos barrios da cidade e todo un universo de posibilidades que plasmar. Non hai fío condutor nin temática proposta, só confianza plena no executor de cada peza. “Unha das patas do festival é a liberdade artística. Confiamos na xente que vén traballar, que teñen un bagaxe de moitos anos. Non podemos dicirlle a un artista o que ten que facer, iso sería facer un encargo, que é outra cousa”, matiza Mou. As dúbidas sobre os deseños quedarán, porén, disipadas axiña. Sekone será o encargado de iniciar as accións hoxe sobre o muro da Escola Municipal de Música, poñendo a primeira pedra das seis intervencións murais que se estenderán ata o próximo día 23 en localizacións como os centros Alborada, Rosalía de Castro e María Barbeito, a Piscina de Riazor e a Praza das Conchiñas. A dispersión da iniciativa por distintos barrios responde á propia vocación do proxecto: descentralizar as manifestacións artísticas e achegalas á veciñanza de todos os distritos.

Pintura de Sekone.   | // A.L. CREGO

Pintura de Sekone. | // A.L. CREGO / Marta Otero Mayán

Tamén desa mesma intención bebe o nome escollido, Istmo, que remite ao accidente xeográfico sobre o que se constrúe a cidade: “A Coruña é un istmo, e queriamos facer a conexión da Cidade Vella co resto dos barrios e coas zonas novas, afondar no concepto de levar a arte moderna a todos os barrios da Coruña, que a xente se faga con eles, que fagan seus os muros”, contextualiza Mou. A iniciativa, con vocación de permanencia, busca enganchar aos públicos diversos ás disciplinas urbanas. Por iso, o día 22, as actividades complétanse cunha exhibición en directo de pintura ao vivo en Santa Margarita ofrecida por dous artistas galegos, Nove Noel e Yoe33, que mesturarán graffiti e ilustración sen trampa, cartón nin artificios para quen queira achegarse.

Ilustración de Iria Fafián.   | // A.L. CREGO

Ilustración de Iria Fafián. | // A.L. CREGO / Marta Otero Mayán

As manifestacións artísticas propostas no Istmo beben dunha cultura que, nos seus albores, alá polos 90 e os primeiros 2000, mesturaba o graffiti coa música e o baile conformando así un universo urbano que, coa popularización das artes, foron tomando camiños diferenciados. O día 22, a cultura urbana reivindicarase no seu conxunto coas actuacións de Fillas de Cassandra, Bejo e Boyanka Kostova en Santa Margarita. “Agora está todo máis homoxeneizado, sería bonito volver aunar música e arte nun todo”, propón Mou.

Mural obra de Mr. Sortwo.   | // SOKRAM

Mural obra de Mr. Sortwo. | // SOKRAM / Marta Otero Mayán

Creación de Miguel Peralta.   | // LOC

Creación de Miguel Peralta. | // LOC / Marta Otero Mayán

Suscríbete para seguir leyendo