Recitais, música, baile e obradoiros para celebrar o Día das Letras Galegas

Celebración do Día das Letras Galegas nos xardíns de Méndez Núñez.

Celebración do Día das Letras Galegas nos xardíns de Méndez Núñez. / LOC

RAC

Centos de persoas celebraron esta mañá o Día das Letras Galegas nun acto nos xardíns de Méndez Núñez, no que se levou a cabo unha lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este 2023. Os grupos folclóricos Aturuxo, Donaire e Son D’Aquí sumáronse á festividade xunto a Cantigas da Terra e o espectáculo de poesía e música ‘Chulísima’, de Aldaolado, un dúo poético formado por María Lado e Lucía Aldao.

Pola tarde hai faladoiros. ‘A Coruña Literaria’ conta coa participación de Carmela Galego, Jorge Castro e María Xosé Bravo e en ‘A Cidade’ estarán Felipe Senén e Xosé Alfeirán, ademáis dun espectáculo de poesía e música protagonizado pola poeta Lúa Mosquetera e o músico Pablo Seijas. Tamén se desenvolverá pola tarde un faladoiro no que os participantes elaborarán pulseiras de coiro.

Actuacións musicais no Día das Letras Galegas.

Actuacións musicais no Día das Letras Galegas. / LOC

Concerto da Banda Municipal

O teatro Colón acolle este xoves, a partir das 20.00 horas, un concerto da Banda Municipal de Música da Coruña para homenaxear o Día das Letras Galegas. A actuación, que será de acceso libre ata completar a capacidade do auditorio, estará acompañada polo coro e grupo instrumental tradicional Cantigas da Terra. Tamén participará o gaiteiro José Manuel López ‘Josele’ como artista invitado.

No concerto se interpretarán pezas de música galega tradicional e novas vangardas. O público poderá disfrutar da estrea de dúas obras dos compositores León Durán e Simón Couceiro na primeira parte do concerto. Na segunda, a Banda Municipal e o coro de Cantigas da Terra achegaranse a interpretación clásicas do folclore coruñés, así como á figura do gaiteiro Emilio Corral, ao que está previsto homenaxear cun bloque musical específico.

Programación

Mércores 17. Día das Letras Galegas.

Xardíns de Méndez Núñez

  • 18:00h. Faladoiro: A Coruña Literaria, presentada pola A.C. Alexandre Bóveda.
  • Participan Carmela Galego, Jorge Castro e Mª Xosé Bravo.
  • 18:00h-21:00h. Obradoiro: Realización de pulseiras de coiro (2 quendas).
  • 19:30h. Faladoiro: A Cidade. Marta Otero e Lois Alcayde conversan con Felipe Senén e Xosé Alfeirán.
  • 20:30h. Faladoiro: Espectáculo poético musical: Lúa Mosquetera (acompañada de Pablo Seijas).

Xoves 18

  • Biblioteca Castrillón. 18:00h. Contacontos O Paroleiro, con Pablo Pablísimo (4-8 anos).
  • Biblioteca Ágora. 18:00h. Contacontos. Romaría, contos e lendas da nosa terra, con Raquel Queizás. (3-8 anos).
  • Teatro Colón. 20:00 h: Concerto da Banda Municipal de Música

Venres 19

  • Biblioteca Fórum. 18:00h. Contacontos. Contos para escoitar mentres bailamos un valse, co Caxoto (4-8 anos).
  • Centro Sociocultural Ágora. 21:00h. Concerto ÁgoraSon: Os Sons Esquecidos, con Abraham Cupeiro