A Coruña, na procura de ser ‘Cidade Humboldt’
Unha exposición na Mariña é a nova iniciativa para salientar a vinculación entre A Coruña e a expedición do sabio alemán creador do concepto da divulgación científica

Carlos Vales e Xosé A. Fraga, na exposición na Mariña sobre Humboldt. / Víctor Echave
A presentación o pasado venres dun novo número dos cadernos sobre a historia do porto que edita a Autoridade Portuaria, neste caso dedicado á expedición de Alexander von Humboldt que saíu no 1799 destes peiraos, abriu o camiño aos actos do Foro Humboldt Coruña sobre a figura deste científico que se desenvolverán nestes días e que onte foi seguida pola inauguración dunha exposición na Mariña sobre o seu legado e o lanzamento de dous selos conmemorativos. Tamén haberá hoxe un seminario sobre a conservación da natureza no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, situado en Santa Cruz.
Unha serie de paneis instalados a carón da Autoridade Portuaria na explanada dan a coñecer o labor dun home que en moitas partes do mundo é unha figura de primeiro nivel pero que na cidade da que partiu a súa expedición segue a ser un descoñecido para moitos. A apertura da mostra coincidiu co día da partida de Humboldt do porto coruñés, o 5 de xuño, que dende hai cincuenta anos é ademais a xornada na que se celebra o Día Mundial do Medio Ambiente.
“Trátase de poñer en valor o que significou a figura de Humboldt non só para a ciencia, senón para a cultura mundial”, explicou Xosé A. Fraga, comisario da exposición e autor do caderno do porto sobre a súa expedición. Á marxe dos seus descubrimentos, salientou que Humboldt “trasladou mensaxe moi potentes que hoxe en día nos serven de orientación”, como a valoración global polo planeta ou a preocupación polo medio ambiente, xa que, malia que na súa época estaba a comezar a Revolución Industrial, “xa estaba preocupado por esta cuestión”.
Tamén pon de relevo Fraga o labor que desenvolveu na denuncia das desigualdades porque non cría que houbera países superiores e polo tanto rexeitaba o colonialismo, tampouco na existencia de razas superiores e de aí que se opuxera á escravitude, ademais de naturezas superiores e inferiores, como pensaban os naturalistas europeos do seu tempo.
Outro concepto que defendeu o naturalista alemán foi o da divulgación da ciencia porque consideraba que “é propiedade da sociedade, que lexitima a produción científica, polo que os científicos teñen que dar conta á sociedade do que fan”.
Fraga lembra que Humboldt é unha figura “tremendamente popular en América”, ata o punto de que descubriu unha cafetería en Malpica que leva o seu nome. Ao preguntar aos seus donos pola escolla desa denominación, estes contáronlle que emigraran a Venezuela, onde, segundo lle explicaron, “o nome de Humboldt está por todas partes”, polo que decidiron bautizar así o seu establecemento. Aínda que en todos os países de América, e tamén en Alemaña, se repite esta situación, en España hai un gran descoñecemento sobre el que Fraga atribúe a “circunstancias históricas, aínda que nos últimos anos estase recuperando a súa figura”. A isto engade que España “foi moi xenerosa con el porque naqueles tempos non se permitía aos científicos estranxeiros entrar no territorio doutro país”.
“A Coruña fai moi ben en tratar de valoralo, porque se temos a feliz circunstancia de que este home saíra desta cidade, hai que rendibilizalo”, advirte, xa que “A Coruña figura no mapa do mundo entre outras cousas porque de aquí saíu Humboldt”, do mesmo xeito que aconteceu coa expedición da vacina da variola de Balmis. Fraga explicou que ambas iniciativas partiran da Coruña porque daquela era unha cidade “cunha gran proxección e cun porto moi activo” e considerou que a recuperación da figura deste científico vai en camiño con actuacións como a desenvolvida pola Autoridade Portuaria, coa que hai xa previstas outras iniciativas co obxectivo de que “A Coruña sexa unha Cidade Humboldt”.
Cidades, unha corrente mariña e un pingüín
“Humboldt e xunto con Charles Darwin o naturalista máis grande da Historia”, salientou onte Carlos Vales, director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), quen engadiu que foi xeólogo, o creador da xeografía física das plantas e das isobaras e que tamén investigou a vexetación e a fauna desde Perú ata os Estados Unidos. “A súa influencia é tan grande que hai desde unha corrente mariña ata un pingüín que levan o seu nome, ademais de cidades en América e Australia”, lembrou Vales. “Tiña conciencia de que era fundamental divulgar os coñecementos científicos” e, participaba do concepto moderno de “ver a natureza na súa complexidade, que está na base da ecoloxía como ciencia moderna”. A ignorancia na Coruña desta trascendencia fixo que no 2017 se creara o Foro Humboldt Coruña, no que agora participa a Autoridade Portuaria ao advertir a “coincidencia magnífica” de que a súa expedición saíra desta cidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- El grupo Unicaja pone a la venta un piso de dos habitaciones en A Coruña por menos de 100.000 euros
- Buscan a un hombre desaparecido en A Coruña
- La Pepita abre en el centro comercial Cuatro Caminos su segundo establecimiento en A Coruña
- Un piso de tres habitaciones en O Ventorrillo se vende por 140.000 euros
- El sorteo de Bonoloto deja un premio de más de 75.000 euros en A Coruña
- A Coruña dice adiós a la hamburguesería que dio de comer a generaciones
- Un restaurante de barbacoa coreana causa sensación en A Coruña con sus 'mesas burbuja' y su decoración 'de película
- De Sanbrandan a Toñito: los ‘gigantes’ panaderos de la comarca de A Coruña