Ecodicionario galego
48. Turistificación
Cosme Damián Romay Cousido Biólogo
Definición: s. f. Impacto da masificación turística sobre recursos e espazos naturais, así como sobre os tecidos comerciais e sociais de barrios e cidades. Esta definición non figura aínda no dicionario da RAG.
Palabras e expresións relacionadas: Pegada ecolóxica: cálculo estimativo da superficie necesaria para producir os recursos consumidos polos seres humanos, así como absorber os residuos que xera, expresado en hectáreas por habitante. Xentrificación: en urbanismo, proceso de transformación física, económica, social e cultural dun barrio ou área dunha certa extensión, antigamente degradado ou de clase baixa que acaba sendo de clase media-alta. Sector terciario: sector da economía que comprende as actividades que non están relacionadas coa produción de bens de consumo. Estas definicións, agás a última, non aparecen aínda no dicionario da RAG.
Cal é a súa importancia no ámbito do naturalismo?: Se ben o turismo non foi orixinalmente obxectivo das críticas do movemento conservacionista, a crecente popularización de destinos, en moitos casos masificados con turistas en períodos moi concretos, comeza a espertar receos e preocupacións. Moitos destes lugares turísticos masificados, ou turistificados (no sentido expresado a finais do s. XX polos investigadores Myriam Jansen-Verbeke e Jean-Michel Dewailly) están en climas cálidos e soleados, detectándose unha crecente problemática ambiental asociada á turistificación. As molestias á fauna, o pisoteo de vexetación, os ruídos e o lixo crecente son algúns dos impactos que deben ser minimizados polos organismos xestores de espazos naturais en especial na tempada turística. Os retos ambientais tamén atinxen á auga: se de media, a nivel español, un habitante consome 127 litros de auga ao día, o gasto diario por turista pode chegar aos 800, en función da estación e a zona. En áreas como as illas Canarias e Baleares e o Levante español cómpre recorrer a desalgadoras de auga do mar para evitar esquilmar os reducidos acuíferos destas áreas turistificadas. Por último, os grandes cruceiros turísticos que atracan en portos arreo do mundo contribúen á polución do aire de cidades, unha vez que son grandes emisores de gases contaminantes.
Por que está en auxe esta palabra?: A turistificación de cidades como Barcelona foi albo de titulares relativos ao aumento do prezo da vivenda e á reorientación de negocios dos barrios cara ao turista (e non cara aos residentes). Aínda que os destinos turísticos “tensionados” son aínda poucos a nivel global, están a aumentar ano tras ano, unha vez que as viaxes turísticas son cada vez máis populares (1.300 millóns de desprazamentos internacionais en 2017, fronte a 25 en 1950). Os impactos ambientais e sociais derivados da turistificación e a súa pegada ecolóxica,serán problemas a afrontar nas vindeiras décadas a nivel global.
- Sin seguro tras ocho años en el taxi por A Coruña
- Así es el 'Park Güell coruñés': fue construído en el siglo XIX y es de acceso gratuito
- Activada la búsqueda de un desaparecido al caer al mar en Punta Herminia tras ser arrollado por una ola
- Rescatan el cadáver de la octogenaria desaparecida en Sada mientras sigue el operativo en A Coruña
- El futuro de la intermodal de A Coruña, más cerca: la estación de autobús toma forma
- El grupo Unicaja pone a la venta un piso de 3 habitaciones y 120 m² por 96.000€: a media hora de A Coruña
- Air Europa reta al AVE y mantendrá su oferta de ocho vuelos diarios en el aeropuerto de A Coruña
- Henry Cavill, de comprar vacas a un paseo por A Coruña