Cando a auga fai os coros: a historia do primeiro disco gravado no alxibe do castelo de San Antón
O oboísta Benxamín Otero publica ‘gardar a auga’, o primeiro disco gravado dende o alxibe do castelo de Santo Antón

Benxamín Otero, durante a gravación do disco no alxibe. | // OTTO ROCA / mARTA oTERO mAYÁN
Un oboe — por veces un corno inglés— un músico, e un espazo centenario. Arredor, moita auga. Nos adentros do intérprete, a sensibilidade necesaria para saber que pouco máis é preciso para gravar un disco único na súa especie. O oboísta Benxamín Otero, músico e mestre de músicos, entrou co seu instrumento na man no espazo máis suxerinte do castelo de Santo Antón e saíu con gardar a auga, o primeiro disco gravado no alxibe da fortaleza coruñesa.
“O alxibe do castelo de Santo Antón é un espazo cunhas propiedades acústicas peculiares, que decidimos respectar mantendo practicamente inalterada a gravación, sen traballo de postproducción”, comenta o oboísta, natural de Lalín, quen, porén, non puido resistir o impulso de coñecer as posibilidades musicais da estrutura cando a ceramista coruñesa Verónica Moar lle falou da existencia dun lugar singular que gardaba un segredo. Nada menos que a auga.
“Para min, hai moitas connotacións poéticas no feito de gardar a auga. No que eu fago, hai unha conexión potente co elemento. Quería gravar algo dende o lugar no que se garda a auga”, explica o músico. O seu entusiasmo e o facer da directora do espazo, Ana Martínez, a quen agradece a súa boa disposición, fixeron posible un proxecto instrumental onde o único acompañamento ao oboe ou ao corno inglés é, precisamente, o son errante do elemento que garda o alxibe.
“Cando entrei, estaban todas as pingas repicando, como unha percusión aleatoria. Entre iso, e o feedback automático que che da o espazo cando tocas, tes unha compoñente de aleatoriedade, e, por outra banda, unha resposta. Interesábame facer un proxecto o máis espido posible”, di Otero, que admite que, ao inicio, accedeu ao alxibe con pretensións difusas, que se foron materializando conforme agromaban as notas. Case todo o disco, a excepción dun tema, é produto da improvisación suxerida polas paredes do espazo. “Pensei: se gravo un minuto, pois é un minuto. Ao final foron dúas partes de corenta minutos cada unha”, explica. A única composición preexistente e que non asina o músico, a peza tradicional O ramo verde, atopa acubillo entre o resto, conformando un produto único na que o auga é o elemento central, percusión e símbolo, e que, polo momento, só pode escoitarse en formato dixital, aínda que o músico xa cavila en posibles soportes físicos que transformen o proxecto en algo tanxible.
Polo momento, fai maridaxe audiovisual coas imaxes que o cineasta coruñés Otto Roca captou do oboísta durante o proceso de gravación. “Estivo acompañándome as dúas mañás que gravei. O espazo era complicado, de metro e medio, escuro, sen luz, sen tiro de cámara, non se podía facer moito. Aínda así sacou imaxes bonitas, que deron para tres vídeos”, sinala Otero.
- El mesón con uno de los mejores calamares de A Coruña: 'Aquí la freidora nunca está parada
- Óscar Castro, administrador de la Cocina Económica de A Coruña: 'Vienen personas que cobran una prestación, pero no les alcanza para subsistir
- Estos son los cortes de tráfico previstos para este martes 5 de mayo en A Coruña por la Vuelta Ciclista Femenina
- La confitería de A Coruña que lleva más de 40 años triunfando con sus sándwiches de miga: 'Todo el mundo dice que saben como los de Buenos Aires
- Eclipse solar en A Coruña: el centro comercial Cuatro Caminos reparte gafas homologadas
- A Coruña está hoy en aviso amarillo por lluvia y tormentas: este es el horario de la alerta
- Iago Cagiao baja la persiana de El Rincón de Alba tras una década en A Coruña y prepara su salto a Betanzos: 'Quería un final bonito
- Sin miradas ni presión: el entrenamiento que buscan cada vez más mujeres en A Coruña