As 'Viñetas Inclusivas' de Viñetas desde o Atlántico chegan esta semana á Coruña
Haberá exposicións guiadas, obradoiros e a presentación do fancine Nai dos desterrados

VIÑETAS NO ATLANTICO 2024 / Casteleiro/Roller Agencia
O Viñetas desde o Atlántico, o Salón Internacional do Cómic da Coruña, regresa esta semana á Coruña tras os actos centrais do mes de agosto. En concreto será con novas iniciativas xunto a colectivos desfavorecidos no marco de 'Viñetas Inclusivas'.
A programación comezará este martes 24 e estenderase ata o venres 27. Durante estes catro días realizaranse visitas guiadas a cargo de Tonecho Otero co Comité Cidadán Antisida da Coruña (CASCO), tanto a través das exposicións monográficas de Marc Torices e Susanna Martín, como da Expofanzine e a mostra bibliográfica dos Premios Castelao que se sitúan na Sala de Exposicións de Palexco.
O mércores 25, ás 18.30h, terá lugar na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil de Durán Loriga o obradoiro interxeracional 'Viñetas para todo o mundo', en colaboración con Aspronaga e Dismacor, da man da xornalista especializada en educación e inclusión Sonia Hermida.
Por último, o venres 27, á mesma hora e no mesmo lugar, realizarase a presentación do fanzine Nai dos desterrados, editado por Amnistía Internacional. Trátase dunha publicación orientada a sensibilizar sobre o papel das mulleres nos conflitos bélicos, con viñetas de Lucía Corral, Chano Ripio, Clara Artiaga, Ada Domeque (Empanada), José Nogueira, Xoana Pousa (Cuchiflainas), Ana Pumares e Marta Argüelles, mentres que a portada está firmada por Bea Gregores.
Ademais, en paralelo, e ata o vindeiro luns 30 de setembro, as exposicións desta 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico seguen abertas ao público nas diferentes salas municipais da Coruña, máis alá de que no Kiosco Alfonso desenvolveranse novos actos de Viñetas desde a Escola ata xaneiro de 2025.
- Abre en Monte Alto la primera taberna de brujas de A Coruña: 'Vamos a hacer rituales y celebrar el Sabbat
- Incertidumbre sobre el estado del cielo en A Coruña por el eclipse: la Aemet pronostica sol, pero MeteoGalicia duda
- La alcaldesa de A Coruña destituye al concejal de Urbanismo ante el Icomos y como presidente de la comisión del plan de la Ciudad Vieja
- El día después del eclipse en A Coruña: 83.712 coches, más usuarios de bus y 218 toneladas de basura
- El eclipse total de sol en A Coruña en directo: sigue todos los detalles sobre el fenómeno astronómico del año
- ¿Dónde ver el eclipse en A Coruña sin salir de tu barrio? El Concello propone 43 rincones con vistas estratégicas
- El eclipse marítimo de los 106 mayores de Telefónica de A Coruña: 'Quisimos hacerlo en barco porque nos pareció más original
- Javier Saavedra, director de Los Satélites: 'Las fiestas de María Pita deberían dedicarle un día a las verbenas