A moza da Coruña que fai que o Nobel fale galego
Alba Verea Pérez é a persoa detrás da tradución do libro 'A vexetariana' de Han Kang, autora premiada esta semana

Alba Verea Pérez co libro ‘A vexetariana’. / LOC
Redacción
A cultura surcoreana está de moda. O éxito do K-Pop, dos K-dramas que arrasan en Netflix, e de fenómenos mundiais como Squid Game (O xogo da lura) e Gisaengchung (Parasitos) son boa mostra disto. O último éxito do país asiático é o premio Nobel de Literatura que gañou a escritora Han Kang esta semana, primeira en facelo nesa lingua. As súas novelas van ser unha compra imprescindible para os amantes da literatura nos próximos meses, e grazas a unha coruñesa, a súa obra máis representativa pode lerse en galego.
Alba Verea Pérez é unha moza de Monelos que se encargou da tradución de A vexetariana. A tradutora sente dende nena unha gran paixón pola cultura surcoreana. Estudou filoloxía inglesa, e despois de rematar a carreira, aproveitou para ir de intercambio ao país asiático. Alí aproveitou unha beca que dan para traducir obras surcoreanas para aprender o idioma. «Teñen seis niveis e eu non chegaba ó dous. A parte máis fácil é a escritura, xa que se basea na fonética», explica. A tradutora foi mellorando pouco a pouco e a base de esforzo gañou algún concurso pola súa labor.
A editorial Rinoceronte, que traduce grandes obras da literatura mundial o galego, fíxose cos dereitos de A vexetariana, a obra máis coñecida en occidente da premio Nobel. Esta conta a historia dunha muller corrente que, polo feito de deixar de comer carne, converte unha vida normal nun perturbador pesadelo.
A Alba chegoulle que a editorial buscaba a alguén para traducir este libro, xa que en Corea do Sur non querían que se basearan na tradución inglesa. Deborah Smith foi a encargada de levar a obra de Han Kang a lingua de Shakespeare, pero aínda que a autora otorgou o seu beneplácito, os académicos surcoreanos cargaron duramente contra ela. «Había algún erro, pero no mundo anglosaxón tenden a editar máis a obra orixinal», sinala Alba.
A autora intentou facer unha tradución máis fiel o libro, pero foi necesario introducir algunha nota a pé de paxina para que o lector tivera contexto. Ademais, algunhas expresións en coreano non poden trasladarse de forma literal, xa que pode interpretarse de forma distinta en galego. «O estilo de Han Kang é moi poético e non é fácil de traducir. Tamén hai que destacar que a literatura surcoreana non ten a estructura típica de inicio, nudo e desenlace».
A coruñesa fixo un arduo traballo que lle levou case 300 horas, pero finalmente Han Kang falou en galego no ano 2022. Aínda que non estaba en moitas quinielas, a autora fíxose co premio Nobel de Literatura o pasado xoves. «Alegroume moito ver que gañara», di Alba.
A vexetariana foi a obra que traduciu, pero esta non é a súa favorita de Han Kang: «Gústame máis Actos humanos. É unha obra que fala dunha masacre real que ocorreu na cidade de Gwangju nos anos 80. Está considerado o xerme do movemento democrático».
Tras esta experiencia, Alba traballou na tradución doutro fenómeno da literatura surcoreana, Herba, un cómic que narra os horrores da ocupación xaponesa en Corea do Sur. Esta obra foi un dos grandes fenómenos literarios do 2022, e Rinoceronte publicouna en galego este ano.
A tradutora está de volta na Coruña, pero non será por moito tempo, xa que Alba pensa en volver a Corea do Sur e en levar a súa lingua a súa novela favorita para que a flamante Nobel de Literatura siga falando galego.
Suscríbete para seguir leyendo
- El bar de A Coruña con una tortilla que conquista a 3.700 cruceristas: 'Dicen que nos hemos vendido a los guiris
- Abre en Monte Alto la primera taberna de brujas de A Coruña: 'Vamos a hacer rituales y celebrar el Sabbat
- Incertidumbre sobre el estado del cielo en A Coruña por el eclipse: la Aemet pronostica sol, pero MeteoGalicia duda
- El día después del eclipse en A Coruña: 83.712 coches, más usuarios de bus y 218 toneladas de basura
- El eclipse total de sol en A Coruña en directo: sigue todos los detalles sobre el fenómeno astronómico del año
- ¿Dónde ver el eclipse en A Coruña sin salir de tu barrio? El Concello propone 43 rincones con vistas estratégicas
- El eclipse marítimo de los 106 mayores de Telefónica de A Coruña: 'Quisimos hacerlo en barco porque nos pareció más original
- Javier Saavedra, director de Los Satélites: 'Las fiestas de María Pita deberían dedicarle un día a las verbenas