Fin de semana de magostos nos barrios coruñeses
O venres será a quenda de Labañou, San Roque, Zona Escolar e Os Rosales; sábado da Cidade Vella e domingo dos Mallos

Castañas no Magosto na Cidade Vella / Víctor Echave
O vindeiro fin de semana diferentes barrios da Coruña celebrarán os tradicionais magostos do outono.
O primeiro será este venres día 8 na festa organizada pola asociación veciñal de Labañou, San Roque, Zona Escolar e Os Rosales. Este será na praza da Tolerancia cun obradoiro de cabazas a partir das 17:00 horas e unha procesión de Samaín desde a praza do conservatorio a partir das 18:45 horas.
Ademais, haberá tres actuacións: a primeira será o espectáculo familiar dos Monifates (19:15 horas), deseguido a actuación do grupo de música tradicional Son d'Aquí (20:00 horas) e rematará coa Mekanika Rolling Band (21:00 horas). Como non podía ser doutra maneira, haberá castañas de balde e chocolate para a rapazada.
Ao día seguinte, o sábado 9, a Cidade Vella tamén celebrará o seu magosto, promovido pola Asociación de Veciños da Cidade Vella. Será na praza de Azcárraga desde as 17:00 horas cun obradoiro de cabazas e xogos infantís tradicionais. Ás 19:00 horas comezará a procesión de cabazas para, media hora despois, celebrar o magosto popular con bebida e castañas asadas. Son D'Aquí tamén actuará a partir das 20:15 horas e, a partir das 23:00 horas haberá queimada popular.
Por último, o domingo 10, de 11:00 a 20:00 horas, Os Mallos celebrará o Mallosto, que está promovido pola FUCC e Distrito Mallos. A celebración será na praza da Agra dos Mallos e haberá un mercado de outono, con postos dos comercios do barrio e de artesanía de 11:00 a 19:00 horas. Tamén haberá postos de comida ata as 20:00 horas. Durante a xornada haberá actividades infantís, así como obradoiros e actividades. A sesión vermú será a cargo da Duendeneta de 13:00 a 15:00 horas e, de 18:30 a 20:00 horas, actuación musical de Bailaches Carolina Dilleis.
- Las primeras dependientas del Zara de Juan Flórez se despiden de la tienda: «Empezamos a vestir a los niños, después a los niños de los niños y después a los nietos de los niños».
- Una andaluza llega a A Coruña y se indigna con este plato: 'no sé si voy a poder vivir con ello
- ¿Qué es un Zacaffé? La nueva apuesta de Inditex que abrirá a final de mes en A Coruña
- Una de las familias más ricas de Cataluña, casera de la primera tienda de Zara del mundo, en A Coruña
- Espacio Coruña incorpora cuatro empresas y negocia con un nuevo operador de cine tras la marcha de Yelmo
- Luz verde a las demoliciones y reformas de la antigua Alu Ibérica de A Coruña, junto a Marineda, para albergar dos nuevas fábricas
- El mural de A Coruña nominado a mejor del mundo: pintado en 4 días y con una historia centenaria
- Zara cierra la primera tienda de su historia y anuncia un nuevo proyecto en la calle Compostela