Bren, o (rei) mago coruñés
En la iglesia copta creen que los Magos de Oriente eran doce, como los doce Apóstoles, y que uno era músico, y éste en homenaje al Señor Jesús, que estaba en las pajas del pesebre, tocó su instrumento, que era de cuerda (...) Por lejanos caminos, tres o doce, o trescientos, como creían en Bizancio, se vuelven a sus países de Levante los señores Magos.

Copia da miniatura do Beato de Caaveiro feita por Xermán Valtuille no seu Diario de 1932. / Arquivo Valtuille
Rodrigo Osorio Guerrero, do colectivo lugrisán In Nave Civitas
Sabemos polo Evanxeo de san Mateo que após o nacemento de Xesús «uns magos de Oriente chegaron a Xerusalén preguntando» polo «Rei dos xudeus que acababa de nacer» porque viran «saí-la súa estrela alá no Oriente», e querían renderlle homenaxe. A nosa tradición completou a Biblia para concretar que os magos que visitaron o neno Deus na corte eran tres e ademais de magos, reis e respondían aos nomes de Baltasar, Melchor e Gaspar. Mais se acudimos a outras culturas, por exemplo a bizantina que cita Cunqueiro, podemos atopar até trescentos magos. Poucas certezas hai sobre os seus verdadeiros nomes e países de orixe aínda que algunhas fontes sitúan a un dos magos como veciño da nosa cidade.
Uxío Carré e Urbano Lugrís descubríronnos a cidade asolagada que se agocha baixo as ondas, na enseada do Orzán, unha cidade que na Idade Antiga tiña «cen torres de ouro con campás de sal e unha praza porticada de tres días de andadura de longo, pavimentada de ámbar na que se celebraban xustas de míticos animais mariños». O antropólogo alemán Kurt Görtheveiller na súa monumental obra Lendas dos vinte mares compila algunha das lendas da cidade asolagada de Orzán, entre elas a de Bren, o astrónomo:
[...] naquela altura, don Bren, o mago da corte do rei Xan, leu no voo das sardiñas o nacemento do Mesías que estaban a agardar os xudeus. Consultouno co rabino de Orzán que nun primeiro momento calou pero, após dous días de interpretar a Torá, negou a profecía do astrólogo.
Algunhas fontes sitúan a un dos magos como veciño da nosa cidade
Ambos os sabios foron consultar o rei, que lonxe de mediar na súa disputa relixiosa, sempre foron moi cautos en materia ideolóxica os monarcas da cidade asolagada, díxolles que tiñan que se respectar e permitiu a Bren abandonar a corte polo tempo que precisase para comprobar a realidade do seu augurio.
Un astrólogo de Orzán entregou unha piña de percebes o neno Xesús nunha corte de Belén
Ao día seguinte, coa beizón do Rabino e unha piña de percebes coa que pretendía renderlle homenaxe ao fillo do Home, Bren abandonou Orzán asistido polo seu acólito. Nadou cara ao sul e, antes de chegar ás columnas de Heracles, unha enorme e brillante augamar chamou a súa atención e guiouno polas augas do Mediterráneo até a praia de Ascalón. Aló, cando aboiou atopouse cos outros magos que tiñan atendido unha chamada semellante [...]
Se acudimos a outras culturas, podemos atopar até trescentos magos
Un astrólogo de Orzán, A Coruña submarina, seguiu unha medusa brillante por todo o Mediterráneo que o guiou até unha corte de Belén na que entregou unha piña de percebes o neno Xesús. Semella que chegou o tempo de recuperar a figura deste mago de Occidente que representou a nosa bisbarra na adoración de Xesús ofrecendo un dos nosos máis prezados tesouros: os froitos dun océano salvaxe que é a fonte da vida e a maxia toda.
A miniatura do Beato de Caaveiro: Unha proba medieval
Outra referencia á lenda de Bren atópase no coñecido como Beato de Caaveiro, un códice do século XI, no que aparece unha imaxe única da adoración dos magos na que canda os tres magos da tradición europea hai un cuarto, de face verdosa e escamada, cunha barba de prata na que se enxergan o que semellan lapas e que está prostrado ante a virxe María e o seu fillo ofrecendo unha piña de percebes. Do que exclusivamente conservamos, tras o roubo de moitos exemplares da biblioteca do mosteiro, unha copia a tinta do polígrafo coruñés Xermán Valtuille datada en 1932 que se publica por vez primeira en LA OPINIÓN DE A CORUÑA co permiso dos seus herdeiros.
- Adiós a los bocadillos de calamares: Down Coruña cierra el quiosco de la plaza de Ourense
- La nueva estación de autobuses de A Coruña, a punto: los operarios colocan el cartel
- Consulta aquí los servicios mínimos durante la huelga de transportes de A Coruña
- Un joven, en la UCI tras subirse a la estatua de la fuente de Azcárraga y caer con ella
- María Díaz, presidenta de Down Coruña sobre el cierre del Quiosco: «Con todo el dolor del corazón, los números no salen»
- ¿Por qué A Coruña es la única ciudad gallega en la que se ha congelado al alquiler?
- Cuatro días de huelga en diciembre en el transporte interurbano de la provincia de A Coruña
- Las mujeres que llevan los trenes en Galicia: «Nada como ir en la cabina de un tren»