Un programa para fomentar o galego nas redes
A Deputación e Orgullo Galego farán obradoiros en centros educativos destinados á rapazada
A área de lingua da Deputación da Coruña presentou o programa O galego e as redes sociais. Esta iniciativa lévase a cabo coa conta Orgullo Galego. A deputada, Soledad Agra, e o responsable do medio dixital, Borja Iglesias, explicaron que o proxecto «nace para fomentar o uso do galego nas redes sociais, e mostrar os contidos que se están desenvolvendo entre a mocidade».
A iniciativa contará con 20 obradoiros en centros de ensino público de Secundaria da Costa da Morte e Terras de Soneira, impartidos por Orgullo Galego, unha comunidade que naceu en 2016 . «O seu traballo a favor da difusión da cultura e da lingua galega é extraordinario, polo que quixemos traballar con el para fomentar o seu uso entre a mocidade, a través dunha ferramenta tan valiosa como son as redes sociais» sinalou a deputada.
«Podemos facer un gran traballo para potenciar o galego nas redes sociais, por iso queremos animar a crear contido na nosa lingua, e tamén mostrar todo que se está facendo agora mesmo, que é moito e dunha gran calidade», afirmou Soledad Agra.
O responsable de Orgullo Galego, Borja Iglesias, explicou en detalle estas charlas, «nas que mostramos a situación actual da lingua nas redes sociais, a súa evolución desde os anos 90, e vemos as canles que hai en galego que falan de temas moi diversos: deporte, ciencia, cultura, tecnoloxía...». Ademais, «mostramos que a lingua galega non é un obstáculo para crear contido, xa que nos permite chegar a miles de persoas de todas as partes do mundo». Estes obradoiros, que xa se desenvolveron noutros centros de Galicia, «teñen unha resposta moi boa, tanto entre os galegofalantes como nos que non o son. Mesmo por mor destas charlas xurdiron algúns podcasts, emisións en Twitch e canles de YouTube en galego», expuxo o creador dixital.
- Una influencer madrileña se deshace en elogios con 'el restaurante más icónico de A Coruña': 'Menos de 15 euros por cabeza
- Hijos de Rivera estrenará nueva sede en el antiguo Comcor, en A Coruña, en la segunda mitad del año
- Frente al tabú de la incontinencia, en A Coruña: 'Invalida tu vida en todos los sentidos
- Hallan muerta a una mujer en la plaza Salvador de Madariaga, en O Ventorrillo
- Un accidente en la salida de la AP-9 en A Coruña provoca retenciones en Alfonso Molina
- Aprender el idioma desde cero en A Coruña
- Álvaro Victoriano, un chef ‘peculiar’ que se enamoró de la gastronomía y la tradición de A Coruña
- Las líneas del futuro puerto de A Coruña: un multiusos y pisos en San Diego y concesiones en los muelles del centro