Javier Martín | Coreógrafo, presenta 'Beltenebros' o venres no teatro Colón
«‘Beltenebros’ é unha reacción ás pulsións de morte fascistas que vivimos»
O coreógrafo coruñés Javier Martín presenta este venres no Teatro Colón (20.00 horas) o espectáculo ‘Beltenebros’, no que xoga co concepto beleza tenebrosa e mestura danza, concerto e cine coa colaboración da pianista Haruna Takebe e a camarógrafa e ‘performer’ Masako Hattori

O coreógrafo Javier Martín, no seu estudo. | Carlos Pardellas
Que quería contar en Beltenebros?
É unha reacción ás pulsións de morte fascistas que estamos a vivir en Europa. A pantasma dos afectos fascistas percorre Europa. Levo este traballo ao plano do afectivo porque penso que os nosos corpos están cheos desa inercia que está no ambiente, que elabora a nosa subxectividade. Propoñemos unha reelaboración dos síntomas do corpo deprimido, enfermo, despótico, en fuga, debido ao aceleracionismo nas nosas relacións, a través de exvotos anatómicos. Traballamos en relación ás partes do corpo dos exvotos como unha resposta, unha química performativa para elaborar eses síntomas fantasmáticos, que non sabemos que facer con eles. Plantéxanse distintos xogos, como o do aforcado. Tamén traballamos co pedra, papel, tesoira coas sombras, ou co Ayatori, o xogo xaponés das cordas nas mans.
En que se inspira?
Esta obra inspírase nas danzas macabras que todos coñecemos, que tiñan que ver cunha reacción ou resposta a eses momentos da nosa historia máis delicados: pestes, guerras, pandemias, non exentas de comedia. O esquelete sempre está a rir nas danzas.
Desta volta vén acompañado de pianista e performer, ambas xaponesas.
Si. Haruna Takebe é a pianista. É un honor traballar con ela; aparte de música investigamos as danzas barrocas e os compositores e sons contemporáneos, facendo unha relación entre ambas sensibilidades. Masako Hattori é performer e camarógrafa. Facemos un exercicio de captura de imaxe en directo, de cine expandido en directo. Aproveitamos o estupendo piano de cola longa do Teatro Colón, e tamén a súa capacidade como cine. O espectáculo é entre coreografía en directo, cine, performance e concerto.
Beltenebros é a unión artística entre dúas xaponesas e un galego. Hai contraste ou contacto no xeito no que ambas culturas entenden a danza ou o arte?
Si. Estou moi interesado en compoñer unha imaxe diversa do mundo, non só a nivel de xénero, senón de sensibilidade, de como percibimos o mundo. Estou moi interesada en como se concibe o corpo e a relación coa nosa subxectividade en atención ás nosas tradicións. En como reelaboramos a contemporaneidade en relación ás nosas tradicións. Estou moi comprometido cos debatesen torno á resposta ao turbocapitalismo vai por saír desa imaxe homoxénea do mundo e compoñer un consorcio de sensibilidades e tecnoloxías culturais. Iso está no ruído de fondo do traballo. Tamén o modo no que se pensa o corpo en Oriente, menos obxectual.
- Así era la 'pequeña Ibiza coruñesa': una discoteca que revolucionó las noches de A Coruña en los 90
- Luz verde a la ordenación para unos 200 pisos en dos edificios en Visma
- El absentismo en la recogida de basura continúa: 1 de cada 4 trabajadores no acude a su puesto
- Arde un piso en la avenida de Hércules, en Monte Alto
- Arrancan los trabajos arqueológicos en la zona de la futura urbanización de pisos del Parque de Oza
- Veterinarias de A Coruña se suman al parón contra la norma que «limita» su criterio
- La ‘magia’ musical que hizo volver a brillar la calle San Juan
- El ejemplo A Coruña: organización colectiva y apoyo mutuo en la era del individualismo