A Tobeira de Oza: A librería de vello da Coruña que namora ás redes sociais
A Tobeira de Oza destaca en Tiktok e Instagram cos seus vídeos amenos e divertidos no que o seu dono, Daniel Blasco, mostra o seu día a día. A idea está inspirada na labor de La Crisálida, e agora reciben visitantes de distintas partes de Galicia que queren descubrir este establecemento

A Tobeira de Oza: A librería de vello da Coruña que namora ás redes sociais / Iago López
«Xusto agora marchou unha persoa que viña de Ourense especificamente para vernos», conta Daniel Blasco, copropietario con Daniel Palleiro de A Tobeira de Oza, unha librería de vello situada no barrio da Gaiteira que está conquistado as redes sociais nos últimos meses.
A librería leva tempo tendo perfil en Instagram e tamén en Youtube, onde soben vídeos máis elaborados. O punto crave chegou cando comezaron a crear vídeos para a rede social TikTok: «Foi fai uns seis meses», recorda Daniel. A partir desa data comezaron a crear un contido máis dinámico, protagonizado polo propietario do establecemento, que se comparte nas tres plataformas.
Os vídeos con máis éxito son os que Daniel chama «expectativa vs realidade». Neles, o libreiro grávase o comezo da súa xornada facendo un prognóstico dos libros que vai vender ese día. Cando pecha a librería, fai un reconto e comparte nas redes se quedou por encima ou por debaixo do agardado. O humor tamén é unha das pezas claves dos vídeos: «As veces a xente que ven faime unha broma que eu fixen nun vídeo e que xa non recordo, e claro, quedo a cadros porque non entendo», comenta.
Para gravar os vídeos, Daniel utiliza un trípode e outras veces conta coa axuda de Pedro Miguel Andrade, impulsor de Sesiones en Vilo, un proxecto inspirado no Tiny Desk da radio pública estadounidense que se grava todos os domingos na librería: «Agora imos facer vídeos algo máis elaborados para a nosa canle de Youtube. Este domingo imos subir un contando a historia das editoriais».
Esta historia pode recordar a de La Crisálida, unha mercería da cidade que comezou creando contido en redes e que agora ten máis dun millón de seguidores: «Ramón [dono de La Crisálida] foi a nosa inspiración. Aquí faciamos un night show polas noites e un día tiven a oportunidade de entrevistalo, aí foi cando o coñecín», conta o libreiro. As ideas para os vídeos van xurdindo un pouco no día a día: «Ás veces poñémonos aquí catro ou cinco a falar nos sofás e van saíndo as ideas».
Nas redes sociais, a xente comenta a beleza desta librería: «Que fantasía», pódense ler nalgúns comentarios. A pesar do bo momento que atravesa A Tobeira, Daniel móstrase precavido. «Vai mellor que cando comezamos hai catro anos, pero seguimos coa angustia de ir mes a mes ou de que algún día véndase pouco».
O próximo paso de A Tobeira é aproveitar este éxito nas redes sociais e ampliar o negocio cunha tenda online que permita vender a calquera punto, como fai La Crisálida: «Eu o que faga Ramón tamén o fago, como se me teño que poñer a vender botóns».
- A Coruña recibirá inesperadamente este martes a uno de los cruceros más grandes del mundo
- Buscan a un hombre desaparecido en A Coruña
- Más de 300 empleados de Sanbrandan, pendientes de su futuro tras la compra
- La Pepita abre en el centro comercial Cuatro Caminos su segundo establecimiento en A Coruña
- El sorteo de Bonoloto deja un premio de más de 75.000 euros en A Coruña
- El primer Zara de la historia, de reformas coincidiendo con su 50 aniversario
- Rescatado y devuelto al mar un delfín vivo varado en el Orzán
- Un piso de tres habitaciones en O Ventorrillo se vende por 140.000 euros