O pasado da Coruña na lente de Francisco Pillado
A familia do fotógrafo afeccionado Francisco Pillado González entrega o seu arquivo á Real Academia Galega. «Son verdadeiros tesouros», conta a súa neta, Julia Tarrío, quen recorda ao seu avó coa «cámara no pescozo». Espera que as imaxes axuden a «ilustrar e entender» a vida na Coruña no século pasado

O pasado da Coruña na lente de Pillado / Francisco Pillado/Colección Francisco Pillado (ARAG)
Pode dicirse que Francisco Pillado González (1892-1977) foi un home pegado a unha cámara. Conseguiu captar a Coruña desde os anos 20 ata os 70 do século pasado, as súas rúas, o seu mar e a súa xente. Unhas fotografías que a partir de agora protexe a Real Academia Galega (RAG). «Non poden estar en mellores mans», comenta Julia Tarrío Pillado, neta do fotógrafo.

As netas de Francisco Pillado, Marga e Julia Tarrío, con Víctor F. Freixanes, este mércores. / LOC
Pillado González foi un dos máis destacados fotógrafos afeccionados que se agruparon arredor da Sociedad Fotográfica Coruñesa, da que foi vicepresidente. Coa súa cámara inmortalizou paisaxes urbanas da Coruña —desde a praia de Riazor aos Xardíns de Méndez Núñez— e outros escenarios de vilas próximas como Corme ou Betanzos, espazos portuarios, buques ou velames. Tamén retratos, moitos deles de mariñeiros, lavandeiras ou labregos.

O pasado da Coruña na lente de Pillado. / Francisco Pillado / Colección Francisco Pillado (ARAG)
Todo iso forma parte da colección que a RAG pasa a custodiar: unhas 2.000 placas e negativos fotográficos e uns 100 positivos en papel, así como un filme e un visor estereoscópico. «É unha colección bastante grande. Fixo fotos ata o final da súa vida. Son verdadeiros tesouros», expón Tarrío, que recorda «todo» do seu avó. «Tiven unha convivencia moi estreita con el. É unha persoa fundamental da miña vida», engade.

Bañistas en Riazor arredor dos anos 40. / Francisco Pillado/Colección Francisco Pillado (ARAG)
Cando era pequena, Julia paseaba pola cidade co seu avó, sempre coa «cámara no pescozo». «Se lle interesa algo, recollíao. Logo traballaba na casa, polo que para nós as súas fotografías teñen moito valor».
E non só para eles. Este proxecto arrincou hai algo máis dunha década co apoio do fotógrafo José Caruncho, autor da escolma de imaxes exhibida no libro Coruña, catro temas (2014) e a exposición homónima. «Nas nosas mans xa non había posibilidade de facer nada máis. Era o momento de depositar os fondos nunha institución para protexelos e difundilos», confesa, e engade que espera que estas imaxes axuden a «ilustrar e entender o modo de vida e as xentes que poboaron a nosa cidade nunha parte importante do século XX».

Julia Tarrío Pillado no posto de xeados dos Xardíns de Méndez Núñez. / Francisco Pillado / Colección Francisco Pillado (ARAG)
Os herdeiros de Pillado González ceden ademais á Academia copias das fotos do álbum histórico familiar, con imaxes de finais do XIX do estudo Sellier. «Case medio século despois do seu pasamento, é unha honra para a RAG incorporar ao seu arquivo esta significativa colección. Pasa así do ámbito privado ao acceso público para a comunidade investigadora e calquera persoa interesada na historia da fotografía en Galicia e do país», expresa o director da RAG, Víctor F. Freixanes.
É o legado dun home «con sensibilidade artística, moi boa xente e moi preocupado polos demais», resume a súa neta.
- Doce cañones y ametralladoras, más de cien metros de eslora y espacio para helicópteros: la patrullera neerlandesa 'Friesland' atraca en los muelles de A Coruña
- Estrella Galicia demuele un concesionario al lado de su sede en A Coruña para un nuevo uso
- El restaurante que recomienda Martiño Rivas en la guía de Zara por su tortilla: “Todo gira en torno al sabor”
- Abre Marrano en A Coruña, el local informal de tapeo para amantes de la carne a la parrilla: 'Aquí nada de sentarse en una mesa con mantel
- El restaurante de A Coruña que lleva 30 años vendiendo 200 pizzas cada fin de semana: 'No damos abasto
- El restaurante favorito de Javier Gutiérrez cerca de A Coruña perfecto para una escapada gastronómica: 'Una de las mejores ensaladillas
- Inés Rey, sobre la cita en apoyo a Ceuta: 'Es una concentración interesada y que está monopolizando el PP
- Multas y vigilancia en la estación de tren de A Coruña ante los coches que paran para recoger y dejar pasajeros