O Grupo Naturalista Hábitat opina
Sobre o legado de Félix Rodríguez de la Fuente
Cosme Damián Romay Cousido
O pasado venres cumpríronse 45 anos do accidente de avioneta en Shaktoolik (Alaska), no que pereceu o gran naturalista e divulgador burgalés Félix Rodríguez de la Fuente, xunto a outras tres persoas. Estaban a rodar unha carreira de zorras para o programa El hombre y la Tierra nun día, o 14 de marzo, no que Félix facía 52 anos. O acontecemento tivo un enorme impacto a nivel global, unha vez que Rodríguez de la Fuente era un fenómeno mediático non só a nivel ibérico, senón tamén en Latinoamérica e en boa parte do Vello Mundo.
A impresionante capacidade comunicativa, o inmenso traballo de campo na produción dos seus documentais, e o poder cativador, case magnético, dos temas que trataba, deixaron unha pegada indeleble en varias xeracións, mesmo na actualidade. Falamos, pois, do legado naturalista de Rodríguez de la Fuente, que motivou a designación de espazos naturais protexidos, o florecemento de asociacións naturalistas, novas publicacións e programas científicos en distintos medios de comunicación, creación de centros de recuperación de fauna silvestre… O seu discurso está moi vixente, e resulta sorprendente como foi unha das primeiras persoas, aló polos anos 70, en falar, por exemplo do cambio climático.
En todo caso, o legado rutilante de Félix está hoxe ameazado por diversas causas, que cómpre identificar para facerlles fronte. A máis importante quizais sexa a desinformación en medios, que nega ou minimiza a evidencia científica (por exemplo, o cambio climático acelerado pola man humana). Ademais, ponse en cuestión a conservación da biodiversidade e alenta a destrución do patrimonio natural en conxunto.
A esta dialéctica de desinformación e noticias falsas súmase outra, máis sibilina, chamada pseudocientífica, na que aparecen discursos de greenwashing ou «lavado de cara ecolóxico cunha pátina científica» por parte de empresas e administracións (ver o caso da pasteira de Pontevedra e o recentísimo caso do proxecto de celulosa en Palas de Rei).
A loita contra os discursos acientíficos é esgotadora, e moito potencial humano benintencionado dilúese en grupos animalistas e mascotistas, que poñen o foco só na defensa dalgúns animais (domésticos). Estes grupos demóstranse absolutamente estériles (cando non contraproducentes) nas verdadeiras batallas pola conservación dos hábitats e da flora e fauna silvestres. Batallas ás que dedicou toda a súa vida Félix.
Conclusión: o G. N. Hábitat reivindica a figura de Félix Rodríguez de la Fuente como gran divulgador da fauna ibérica, 45 anos despois do seu falecemento. Ademais, pide a todas as persoas que se autodefinan como amantes da natureza, que se informen axeitadamente, apoiándose en material científico contrastado, e reflexionen sobre a dialéctica actual onde a desinformación está a tomar un preocupante protagonismo.
- El restaurante de A Coruña en el que puedes comer hasta reventar por 13 euros: 2 platos, postre y bebida incluída
- Los cruceristas inundan las calles de A Coruña: 'La ciudad nos ha parecido muy bonita
- Nuevas reglas de Bicicoruña: prohibido utilizar auriculares o sentarse en bicis en las paradas
- Una discusión de tráfico termina a golpes sobre el asfalto en la rotonda de Cuatro Caminos de A Coruña
- San Juan será festivo autonómico en 2026 y A Coruña escoge otro festivo local
- Los conciertos que vienen a A Coruña este 2025
- Fito & Fitipaldis, nuevo concierto del Coliseum de A Coruña este 2025
- Marc Anthony dará un concierto en A Coruña el 13 de julio