Entrevista | Álvaro Pérez Becerra Presidente da Academia Galega do Audiovisual

«Producir cine na nosa lingua achega valor»

A Semana do Cinema Galego volve o mércores ao teatro Colón para proxectar os documentais e longametraxes finalistas dos premios Mestre Mateo. O director da Academia Galega do Audiovisual, organizadora do evento, Álvaro Pérez Becerra, comenta que o sector «xa é unha industria»

Álvaro Pérez Becerra. |  LOC

Álvaro Pérez Becerra. | LOC

A Coruña

A Semana do Cinema Galego volve ao teatro Colón do mércores, 26, ao sábado, 29 de marzo, coas longametraxes e documentais finalistas dos premios Mestre Mateo. Serán catro días de proxeccións de balde ata completar aforo. O director da Academia Galega do Audiovisual, organizadora do festival, Álvaro Pérez Becerra, defende que a producción cinematográfica en galego «achega valor».

Como nace a Semana do Cinema Galego e como foi evolucionando?

Nace hai seis anos para cumprir un obxectivo pendente que era que as obras premiadas e finalistas dos premios Mestre Mateo puidesen ser vistas polo público en xeral, na pantalla grande e preto das súas casas. Polo xeral, o teatro Colón rexistra entradas moi positivas e hai interese do público, porque o sistema é gratuíto.

Este ano esperan 300 persoas por proxección, iso significa que baterán algún récord de asistencia?

Aspiramos ao récord, efectivamente. Esperamos que sexa a edición que teña máis público. Cremos que este ano hai películas que van a interesar moito ao público.

Como ve o sector audiovisual galego hoxe?

É un sector que ten uns 40 anos de vida, e nestes últimos dez foi capaz de converterse nunha industria. Agora mesmo é unha potencia que se destaca no resto do estado, e cunha gran capacidade de producir para o estranxeiro. Ademais, é un sector que dá traballo a moitísima xente, especificamente na provincia da Coruña. Estamos nunha etapa de consolidación, de aspirar a novos retos e situarnos ao nivel de calquera outro territorio de España.

Cales son os principais problemas que afectan ao sector?

A primeira cuestión é a da lingua galega. A globalización dos contidos limitou que se producisen obras en galego, como se facían antes, deixando ao idioma un pouco atrás. A outra cuestión é a pouca asistencia aos cinemas, que é un problema global.

A gran maioría das producións están a saír en castelán, fai falta máis ficción en galego?

Vemos películas norteamericanas ou británicas que chegan ao noso mercado dobradas. Pasa o mesmo coas producións galegas no estranxeiro.Se producir na nosa lingua achega valor e enriquece e hai ferramentas para salvar a barrera idiomática, deberíamos seguir facéndoo, porque é algo distinto.

A TVG aposta pola ficción en galego? Hai consecuencias no sector por isto?

Non o suficiente. E non é tanto unha critica á política da TVG, senón á constatación dunha situación na que unha televisión pública teña dificultades para producir ficción, porque a xente non a consome na televisión, senón nas diferentes plataformas. O que temos que facer como sector é adaptarnos a esta realidade e buscar unha solución. É máis, a TVG ten agora unha plataforma dixital que vai abrir unha moitas portas.

Como é visto o audiovisual galego no exterior?

Vemos grandes avances. Agora mesmo hai producións galegas por moitos mercados internacionais. O caso máis claro é o de Clans, que chegou a ter grandes números de audiencias en Estados Unidos. Temos valores que non teñen outros lugares. Primero a paisaxe. Como segundo punto está a posibilidade de producir a un menor costo. Por último, as capacidades dos profesionais.

Como de formado ve o cambio xeracional de produtores, directores etc., para que tomen os roles de aquí a cinco ou dez anos?

É unha preocupación que existe. Nos atopamos cunha brecha xeracional que poida mantener todo o que construímos ata o de agora. De aí tamén que insistamos nas producións locais que lle permitan a estos mozos formarse.

Como ve o futuro do sector?

Vémolo con optimismo. Estamos nunha situación envexable. Pensando que se conseguimos todo o que temos hoxe, debemos estar pendentes de non perder todos estes éxitos. Tamén hai que evitar que a xente traballe en condicións dignas e evitar precariedades.

Tracking Pixel Contents