A gala dos María Casares, unha homenaxe ás "compañías teatrais de furgoneta"
'O dragón de ouro', de Sarabela Teatro e 'Iribarne', de ButacaZero, as obras que reúnen maior número de nominacións |A cerimonia será o xoves, 3 de abril, no Rosalía e poderase seguir por Youtube a partir das 20.30 horas

A Coruña acolle a gala dos XXVIII Premios María Casares / Miguel Miramontes
A Asociación Galega de Actores e Actrices entrega este xoves, 3 de abril, os premios María Casares e farao cunha gala dirixida por Sarabela Teatro, que homenaxeará os oficios que fan posible que unha función se faga realidade e a todas as "compañías de furgoneta", aquelas que percorren o mundo sobre rodas para levar o tearo máis alá das súas fronteiras. A gala chega este ano á súa XXIX edición.
A cerimonia de entrega dos premios celebrarase no teatro Rosalía de Castro aínda que tamén se poderá ver en directo a través de Youtube, a partir das 20.30 horas. A entrada será por convite.
O director da gala, Fernando Dacosta, explicou que a gala contará con seis escenas que describen como se desenvolve unha obra de teatro, desde a viaxe de primeira hora dos técnicos, ao repaso do texto dos actores e actrices, até as contas tanto de prezos e salarios como dos días que lles quedan para se xubilaren.
Hai 17 espectáculos nominados aos premios, aínda que dous deles son os que a máis galardóns optan, O dragón de ouro, de Sarabela Teatro, e Iribarne, de ButacaZero. Trinta mulleres e trece homes son finalistas nas categorías profesionais, salvo as de mellor espectáculo, espectácuilo infantil e monicreques , que son da compañía, e segundo explicou a presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Arantza Villar. "Quedei contenta porque hai mulleres non só na actuacion e na dirección, senón tamén nos técnicos", remarcou Villar.
Este ano houbo 48 espectáculos que presentaron as súas candidaturas, algo que fala xa da boa saúde do teatro galego, segundo incidiu Villar.
O premio de Honra Marisa Soto será para Xabier Deive, quen fora presidente de academia nos anos da pandemia e tamén técnico antes que actor. É a terceira vez que se entrega este galardón a título póstumo, logo de que se lles concedese a Xosé Manuel Olveira, Pico, e Lino Braxe.
O manifesto foi escrito pola xornalista Belén Regueira e a ilustración do cartel é obra de Sonia García.
Na presentación participaron tamén a Xunta, o Concello e a Deputación.
- Eddahchouri, dado de alta tras caer a las rocas en el paseo de A Coruña desde seis metros de altura
- «Hay que hablar del ‘chemsex’ desde la empatía, no desde el estigma»
- BiciCoruña suspende el abono a cuatro usuarios al día por uso indebido del servicio
- “El valor fundamental del diseño es resolver problemas”
- Nuevo acceso al paseo marítimo desde la plaza de Lugo y San Andrés
- Un paseo por la Coruña de los años 80 gracias a la IA
- Los niños que crecieron entre los autobuses de A Coruña
- Despedido por realizar tocamientos y comentarios sexuales a sus alumnos