Premio ás ideas que poden cambiar o mundo

Estudantes de Formación Profesional reuníronse onte na Feira das Ideas, que se celebrou no Fórum Metropolitano, para amosar os proxectos nos que levan traballando varias semanas e que lles poderían valer non só para aprobar unha materia senón tamén para emprender e, quen sabe, se tamén para cambiar o mundo

A Coruña

Para probar e, sobre todo, para aprobar así naceron a maioría dos proxectos que onte se presentaron na Feira das Ideas do Programa Inicia, no Fórum Metropolitano, e que reuniu a quince grupos de estudantes de Formación Profesional de diferentes centros da cidade que, durante varias semanas se dedicaron a poñer en marcha os seus proxectos de emprendemento. Primeiro, sobre o papel, despois, un paso máis alá, facendo todo o posible para que se poidan converter en realidade só cun empurrón.

Feira das Ideas en el Fórum Metropolitano

Iago López

«O peor é a burocracia», explicaba onte Pablo Álvarez, do Proxecto Movendo, da Escola de Imaxe e Son. A súa idea naceu, segundo explica Miguel Domínguez, polo seu «amor ao cine» e por querer achegarlle a xente que non ten outros recursos non só películas senón tamén nocións básicas de cultura cinematográfica. O proxecto que lles deu para aprobar e tamén que lles gustaría facer realidade é o dunha movie truck, é dicir, unha furgoneta na que poidan proxectar películas en calquera lugar, sobre todo no rural, e coa que se poidan desprazar para facer tamén actividades didácticas.

Estudantes do Rosalía Mera, co seu proxecto Milgranda. |  Iago López

Estudantes do Rosalía Mera, co seu proxecto Milgranda. | Iago López

«Non limparías unha granada para calquera porque dá moito traballo», explican Uxía Rodríguez, Candela Forján e Andrea Tubío, do instituto Rosalía Mera. Elas estudan o Grao Superior de Deseño e Xestión da Produción Gráfica e, ademais, teñen formación en Belas Artes, así que, escolleron o deseño personalizado como motor para o seu traballo. «Houbo xente que nos preguntou prezos xa», dicían onte, detrás do mostrador no que expoñían o que son os seus primeiros traballos. Aínda non o sabían, pero o seu proxecto foi elixido gañador dos quince participantes. Ás fundadoras de Manos Solidarias, do centro Nebrija Torre de Hércules, a idea naceulles de camiño a clase, porque sempre atopaban a «moitas persoas pedindo comida e cartos», así que, pensaron en facer «menús utilizando alimentos descatalogados dos supermercados, agricultores e locais de proximidade» e en darlles unha segunda vida a aqueles que non se poidan usar para o consumo, como, por exemplo, tinturas naturais para a industria téxtil.

O centro Nebrija foi escollido como o máis implicado. Estes son algúns proxectos, pero había moitos máis, como o de fabricar bolsiñas de té sen microplásticos, un armario informatizado para atopar ferramenta, a valorización de tapas de plástico ou unha axencia de representación de influencers.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents