En Directo
En directo: así foi a gala dos XXIV Premios Opinión da Música de Raíz
O teatro Rosalía rexistrou aforo completo na gala de entrega dos XXIV Premios Opinión da Música de Raíz

Premiados e participantes nos XXIV Premios Opinión da Músca de Raíz. / Casteleiro / Roller Agencia
Os Premios Opinión da Música de Raíz chegan á súa XXIV edición no teatro Rosalía, que acolleu a entrega dos galardóns con aforo completo. Polo escenario pasaron Milladoiro para recoller o Andaina Senlleira polo seu case medio século de vida; Abraham Cupeiro, que recibiu o premio Ancontecemento Musical pola súa xira Mythos e foi o encargado de abrir as actuacións da gala, na que tamén presentaron as súas propostas Cántigas da Terra e Xoán Curiel.
Foto de familia dos galardonados e participantes ao remate da gala celebrada este mércores no teatro Rosalía.

Premiados e participantes nos XXIV Premios Opinión da Músca de Raíz. / Casteleiro / Roller Agencia
Curiel bromeu co feito de ter sido nomeado ata cinco veces aos Premios Opinión sen ter gañado nunca. "Eu son xa da casa. Penso que debían dar un premio a quen estivo nomeado máis veces", dixo, antes de convidar á tamén cantante Iris Gey a acompañalo no escenario, no que interpretou unha escolma de músicas do mundo con presenza da cantiga de amigo que ven "da raíz máis fonda" da tradición galegoportuguesa.

Actuación de Xoán Curiel, acompañado da tamén cantante Iris Gey. / Casteleiro / Roller Agencia
A actuación de Xoán Curiel en formato cuarteto con arpa, percusión e frauta pecha a gala no teatro Rosalía

Casteleiro / Roller Agencia
Jacobo Sutil, presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), entrega o premio Andaina Senlleira a Pepe Ferreirós, de Milladoiro.

Entrega do premio Andaina Senlleira / Casteleiro / Roller Agencia
Pepe Ferreirós, de Milladoiro, ao recoller o premio Andaina Senlleira: Nunca estamos pensando nos premios, o traballo é o cotián, pero, cando polo que sexa na sociedade nos recoñecen o traballo, é sempre unha grande ilusión. Nós sentímonos moi premiados pola sociedade galega en xeral. Non sei se merecemos o de senlleira, sería pretencioso pola miña parte dicilo, pero é unha andaina longa, que empezou, precisamente, nesta cidade da Coruña hai 46 anos ininterrompidos, cunha longa andaina teimuda na defensa e na difusión da nosa música popular. Estou especialmente emocionado por recibir este premio hoxe aqui, despois de ter escoitado a Cántigas da Terra, que para Milladoiro foi sempre un referente. Sen estes grupos, non tería sentido o folk"

Pepe Ferreirós, de Milladoiro, recolle o premio Andaina Senlleira nos XXIV Premios Opinión da Música de Raíz. / Casteleiro / Roller Agencia
Grupo de baile e gaitas da formación tradicional Cántigas da Terra na actuación da gala dos XXIV Premios Opinión da Música de Raíz.

Casteleiro / Roller Agencia
Luis Bolón, de Cántigas da Terra: "Para nós é un privilexio poder estar nesta celebración dos Premios de Raíz, uns premios e un escenario polos que xa pasaron o mellor do folk galego. Subliño o de galego, porque a preocuapción pola nosa lingua ha de ser máxima. Agardo que teñamos moitas máis galas dos Premios Opinión. Grazas a La Opinión e a Óscar Losada por convidarnos".

Actuación de Cántigas da Terra nos XXIV Premios Opinión da Música de Raíz. / Casteleiro / Roller Agencia
A formación tradicional interpretou pezas como a Pandeirada de Montouto ou o Canto de Xil de Cambados. Concluiu a súa actuación coa Foliada de Cerdedo.

Casteleiro / Roller Agencia

Actuación de Cántigas da Terra nos XXIV Premios Opinión da Música de Raíz. / Casteleiro / Roller Agencia
Turno para Cántigas da Terra. A formación sobe ao escenario do Rosalía para interpretar un adianto do que será o seu vindeiro espectáculo, con cancións que non foran gravadas antes polo coro.

Actuación de Cántigas da Terra / Casteleiro / Roller Agencia
- Os Mallos, zona cero del churrasco en A Coruña
- Un legado para Sergio
- Punto por punto: así son los diseños que hace Lucía Ruiz de Aguirre desde su taller en A Coruña
- La ‘reina’ de las lanas se despide de Panaderas
- Vivenda avanza en su proyecto de pisos sociales en suelo que cederá el Concello de A Coruña
- Dos bocatas de A Coruña aspiran a convertirse en el Mejor Bocata de España
- La ciudad de A Coruña en 1700: soldados sin paga y falta de vivienda
- Ideas para pasar el puente en A Coruña