O Grupo Naturalista Hábitat opina
Sobre os cirrios do xardín de San Carlos
Cosme Damián Romay Cousido
O patrimonio arquitectónico da cidade da Coruña contén aínda elementos de particular interese. Un deles é o xardín de San Carlos, cunha muralla medieval que é un dos símbolos da Cidade Vella coruñesa. En ocos entre as pedras desta muralla crían varias especies de aves, algunhas delas protexidas, como é o caso do cirrio eurasiático (Apus apus).
Estas aves da cor do betume, que poden lembrar a unha anduriña con ás en forma de fouce, veñen de pasar o inverno na África ecuatorial. Desde finais de abril, varias parellas crían en buratos no pano exterior da devandita muralla. Segundo a información compilada por Hábitat, a muralla chegou a acoller varias decenas de parellas de cirrio nos anos 80, que se reduciron a entre cinco e quince en 2019.
Perante o perigo de desprendementos, na primavera de 2024 comezouse a instalar unha rede de protección na muralla, que, de completarse, bloquearía o acceso aos ocos ocupados pola especie. Afortunadamente, a coordinación entre o Concello da Coruña e Hábitat derivou na toma de varias decisións sucesivas favorables para os cirrios: en maio dese 2024 paralizouse a instalación da rede protectora nos treitos da muralla ocupada por cirrios. Esta pausa nas obras duraría toda a época de cría das entre tres e cinco parellas de cirrios alí asentadas. A partir de finais de agosto, unha vez voaron os xuvenís de cirrio, retomouse a colocación da rede para cubrir todo o pano da muralla.
En marzo de 2025, tomouse a decisión de abrir parcialmente a rede alí onde estaban os buratos dos cirrios, así como poñer unhas caixas-niño axeitadas para a especie como reforzo poboacional. Isto vense de completar nestes días, xusto a tempo para achegada desde África destas belas aves.
Conclusión: o G. N. Hábitat considera que este tipo de accións en favor das especies protexidas deberían ser consideradas en calquera obra de rehabilitación de monumentos e edificios. O da muralla do xardín de San Carlos é un exemplo inspirador para o futuro.
- El restaurante de A Coruña en el que puedes comer hasta reventar por 13 euros: 2 platos, postre y bebida incluída
- Los cruceristas inundan las calles de A Coruña: 'La ciudad nos ha parecido muy bonita
- Nuevas reglas de Bicicoruña: prohibido utilizar auriculares o sentarse en bicis en las paradas
- Una discusión de tráfico termina a golpes sobre el asfalto en la rotonda de Cuatro Caminos de A Coruña
- San Juan será festivo autonómico en 2026 y A Coruña escoge otro festivo local
- Los conciertos que vienen a A Coruña este 2025
- Fito & Fitipaldis, nuevo concierto del Coliseum de A Coruña este 2025
- Marc Anthony dará un concierto en A Coruña el 13 de julio