A memoria dun barrio

Bañistas camiñando cara a desaparecida praia do Lazareto. | La Opinión
O patrimonio como parte do desenvolvemento de nosa propia cultura, potenciando o sentido de pertenza e protección do legado colectivo. Todos coñecemos o valor colectivo de pertenza e identidade, dependendo da época que pode ter unha vivenda, edificio, conxunto deles ou os espazos paisaxísticos á hora de aplicar unha posterior conservación, resgardo ou intervención na memoria dun barrio.
O sentido de pertenza e de cultura patrimonial dunha sociedade ou veciñanza, que como proceso dinámico afecta, en certa medida, aos elementos culturais, sexan tanxibles, intanxibles ou asociados. O enfoque sobre a contorna dun inmoble ou espazo social, que son aceptados como tales (propios) por unha comunidade, adquiren un valor especial para os que o recoñecen e gozan. É dicir, que o patrimonio se atopa suxeito á propia cultura, e á acción cultural patrimonial dunha sociedade e da súa época, e ademais, en particular a unha comunidade ou veciñanza onde se atopan.
Pensamos dende a asociación poderíase afirmar que o termo patrimonio, para a memoria dun barrio, é aquel enfoque que se analiza como conxunto de bens herdados que posúe unha veciñanza e cuxos elementos culturais sexan herdanza lexítima indubidables da súa historia, ademais adquire o seu valor como tal de patrimonio cultural, arqueolóxico, estético, arquitectónico e paisaxístico dependendo do caso.
Dende a Asociación pensamos que conservar o noso patrimonio é fundamental para manter a nosa identidade como barrio .A desaparición de grande parte de noso patrimonio lévanos a reivindicar a nosa necesidade de recuperar parte del (castelo de San Diego , praia das Cañas , antigo concello) e de que o actual se conserve e se lle dea un uso social (capela de Santa María de Oza).
- «Nos dijeron que si pagábamos 290 euros nos encontrarían un piso en A Coruña, y nada»
- Futuros inquilinos de pisos sociales de Xuxán renuncian por la subida de cuotas
- Los móviles de los vecinos de A Coruña y Arteixo recibirán una alerta general en caso de grandes emergencias en Agrela
- Un apagón de alcance internacional también afecta a A Coruña
- Los cinco locales de A Coruña que puedes reservar gratis para celebraciones privadas
- Esta es la reserva para jóvenes de los pisos que la Xunta construirá en las fincas cedidas por el Concello de A Coruña
- Dejan un coche en medio de la calzada en Federico Tapia y el atasco llega a Alfonso Molina
- El Mesón O Bo de A Coruña renace como el nuevo Fogar do Santiso