O ciclo Folk no Colón traerá á Coruña a Capercaillie, Carlos Núñez e máis artistas do panorama galego
Grandes nomes como Milladoiro, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Carlos Núñez ou Abraham Cupeiro pasarán polo teatro coruñés

Presentación de Folk no Colón / LOC
Na mañá deste venres presentouse a programación completa da segunda edición de Folk no Colón, un ciclo que se desenvolverá entre maio e decembro no teatro corués e que ofrecerá actuacións de grandes referentes da música tradicional galega e internacionais, onde destacan os británicos Capercaillie.
“Este ciclo nace desde o convencemento de reivindicar as nosas raíces musicais e darlles o espazo que merecen nun dos escenarios máis emblemáticos da nosa cidade”, sinalou o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, durante a rolda de prensa de presentación.
Algúns destes concertos xa estaban anunciados, e outro nomes incorporáronse hoxe. Os primeiros en actuar serán Treixadura o 16 de maio. Despois virán Abraham Cupeiro (6 de xuño), Capercaillie (10 de setembro), Milladoiro (11 de outubro), Tiruleque (9 de novembro), Felisa Segade (21 de novembro), Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (20 de decembro) e Carlos Núñez (26 de decembro).
As entradas para todos estes espectáculos estarán á venda ao longo deste venres en Ataquilla e no quiosco da praza de Ourense.
- Eddahchouri, dado de alta tras caer a las rocas en el paseo de A Coruña desde seis metros de altura
- «Hay que hablar del ‘chemsex’ desde la empatía, no desde el estigma»
- BiciCoruña suspende el abono a cuatro usuarios al día por uso indebido del servicio
- “El valor fundamental del diseño es resolver problemas”
- Nuevo acceso al paseo marítimo desde la plaza de Lugo y San Andrés
- Los nuevos accesos al hospital deberán estar terminados a principios de 2027
- Un paseo por la Coruña de los años 80 gracias a la IA
- Los niños que crecieron entre los autobuses de A Coruña