Nova residencia literaria para nais escritoras na Coruña
O Concello abre o prazo para concorrer á iniciativa, que cubre un mes de estadía e coidado do menor

A poeta Yolanda Castaño, cos concelleiros Nereida Canosa e Gonzalo Castro. | Iago López
O Concello, en colaboración coa Residencia Literaria 1863, abre o prazo para concorrer á Bolsa de Residencia de Conciliación para nais escritoras. A poeta Yolanda Castaño cualificou a residencia como «un faro para que a palabra feminina floreza con plenitude». A convocatoria, que este sábado será pública na web municipal, permite presentar solicitudes desde as 9.00 horas do sábado ata as as 22.00 horas do 31 de maio. Poderán concorrer escritoras maiores de 18 anos con, cando menos, dous libros publicados e que sexan coidadoras principais dun menor nado entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2021. A persoa seleccionada gozará dunha estadía do 1 ao 30 de agosto de 2025 na Residencia 1863, cunha bolsa que cobre desprazamento, aloxamento, manutención entre outros, así como o traslado e coidado dun dos seus fillos ou fillas.
- A Coruña despide una tienda histórica: «Yo no era manitas, lo eran mis clientes»
- Monte Martelo, el barrio naciente en A Coruña
- Nuevo párroco para la Colegiata
- Los dueños de perros en A Coruña celebran las nuevas sanciones: 'La gente aprende por las malas
- El Concello precinta El Holandés, en la Estrecha de San Andrés, por no adaptarse a la normativa
- A pleno la ordenanza definitiva de eficiencia energética de A Coruña para su entrada en vigor este mes
- Fallece la paciente de cáncer ultrarraro Iara Mantiñán: una entre un millón
- El Concello de A Coruña empieza a poner multas por no limpiar los excrementos de los perros: hasta 30.000 euros para los reincidentes