Estrea de Bibopalula na Coruña: A Banda do Bosque cobra vida no escenario
A serie infantil ‘Bibopalula’ estrea espectáculo teatral na Coruña o 7 de xuño, que marcará o inicio dunha xira que percorrerá Galicia cunha proposta inédita: un show musical de gran formato para nenas e nenos de entre 4 e 8 anos baseado da primeira serie musical de debuxos en galego

presentación do espectáculo teatral de Bibopalula / Germán Barreiros
Estaban Xosé Antonio Touriñán e Marta Lado, tamén representantes das institucións e patrocinadores; pero quen roubou o protagonismo todo foron dous paxaros de cores: Robin e Carpin, simpáticos integrantes da Banda do Bosque que onte fixeron de mestres de cerimonias para presentar o salto da pantalla aos teatros da serie infantil Bibopalula, reconvertida agora, tralo seu éxito nas plataformas, en espectáculo musical de gran formato que arrincará dende A Coruña a súa xira polos teatros galegos.
«Será un espectáculo espectacular, con decorados enormes, deseño de luces, efectos especiais e moita participación do público», prometeu Xosé Antonio Touriñán dende os Xardíns de Méndez Núñez ante unha audiencia infantil, responsable última do éxito que colleitou a serie —creada por Andrés Mahía e Laura Mahía e producida por Undodez e a TVG— dende a súa estrea, en novembro, en plataformas como Agalega ou xabarin.gal, onde se converteu no contido máis visto en poucos días.
A súa conversión en peza escénica será a primeira produción infantil de Ainé —responsable de levar ao teatro a adaptación de Fariña, entre outras iniciativas—e promete dotar de vida aos icónicos personaxes da serie. Marta Lado, que invitou a todos os nenos e nenas a asistir ao espectáculo para axudar á Banda do Bosque na busca dun tesouro, é directora e autora da dramaturxia dunha proposta protagonizada por Lidia Veiga —que interpretará a unha experta aventureira observadora de paxaros— e que estará acompañada na produción por Cristina Andrade, Graciela Carlos, Sara Ferro e Nerea Rodríguez, encargadas de dar vida a Pegui, Carpin, Merli e Robin. Todo iso, nun show musical no que non faltarán as cancións orixinais da serie, que o público de Bibopalula de seguro xa sabe de memoria.
O espectáculo de Bibopalula xirará todas as fins de semana do mes de xuño por distintos teatros e auditorios de Galicia. Estrerase no Teatro Colón o sábado 7, para visitar despois Santiago (domingo 8, Auditorio Abanca), Pontevedra (sábado 14, Auditorio Sede Afundación), Vilalba (domingo 15, Auditorio Carmen Estévez), Verín (sábado 21, Auditorio Municipal), Vigo (domingo 22, Teatro Afundación), Cee (sábado 28, Auditorio Baldomero Cores) e Ourense (domingo 29, Auditorio Municipal). As entradas poden mercarse en www.bibopalula.gal e nas canles habituáis en cada localidade.
Además de Touriñán e Lado, no acto de presentación interviron representantes institucionais e patrocinadores que fan posible a iniciativa. O concelleiro de Cultura e Turismo da Coruña, Gonzalo Castro, deu as grazas por facer á cidade partícipe «dalgo que vai ser un antes e un despois» no entretemento infantil galego. «É un orgullo formar parte dun proxecto que promove o respecto pola natureza e o fai no noso idioma, coa óptica do noso país», asegurou.
Dende a Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta (Agadic) falou Jacobo Sutil, que eloxiou o espectáculo como «un proxecto coidado dende a calidade artística», e, por parte de Deleite, patrocinador da iniciativa, Pedro Gonzalez reafirmou o compromiso da emprsa leiteira «no apoio á lingua e a cultura galgas e na promoción no uso do galego dos máis pequenos, e tamén de conseguir que vaian ao teatro por primeira vez».
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- La apertura de la pasarela con acceso para coches sobre la intermodal de A Coruña está prevista para 2030
- El baile de Os Mallos es «la mejor medicina» vecinal
- El Supremo hace pagar al Concello de A Coruña por prorrogar una concesión sin límites
- Promotores de Visma alejan los nuevos edificios de Os Mariñeiros
- Catorce metros de memoria de A Coruña en un almacén: las primeras imágenes de la estatua a los Hermanos de la Lejía
- Vogue convierte las calles de A Coruña en escenario de su editorial de otoño
- La nueva estación de autobuses de A Coruña encara la recta final de la obra con la estructura acabada