Amigos do Acordeón da Coruña tocaron polas Letras Galegas

A Asociación Amigos do Acordeón da Coruña celebrou o luns un acto especial con motivo das Letras Galegas no salón de actos do instituto Eusebio da Guarda, dedicado especialmente ás Pandereteitas de Mens e ao conxunto do folclore tradicional galego. «Queremos homenaxear e manter viva a tradición a través da música e da cultura popular coa nosa propia música», indican dende a asociación. O acto contou con decenas de asistentes, que disfurtaron dun espectáculo musical a cargo dos membros da agrupación, que quixeron rememorar o labor das cantareiras a través das súas propias pezas. O público mostrouse moi animado e participativo durante o evento, que foi a antesala do Día das Letras Galegas, que se celebrará este sábado, 17 de maio.

Tracking Pixel Contents