A primeira misa en galego en 2.000 anos da igrexa ortodoxa da Coruña
A parroquia ortodoxa da Coruña únese ás celebracións polo Día das Letras Galegas

O pai Dámaso, párroco ortodoxo da Coruña. | / Germán Barreiros
Unha igrexa milenaria, que xa fala decenas de linguas, hoxe suma unha máis: a galega. A parroquia ortodoxa de San Juan Crisóstomo da Coruña dará este sábado a súa primeira misa en galego, a primeira nos seus 2.000 anos de historia, dos que os últimos vinte está asentada tamén na Coruña.
O pai Dámaso, rector da parroquia, será o encargado de dar o servicio litúrxico xunto co diácono e monxe, Germán de Esmirna e outros aspirantes ao sacerdocio. A decisión de incluir a lingua, explica o párroco, leva xa moito tempo en proceso. «Comezamos o ano pasado a traducir todos os textos litúrxicos, e á súa vez, a adaptalos a tradición ortodoxa. Tíñamos tamén que esperar a bendición do obispo, pero finalmente conseguímolo e queríamos agardar ao Día das Letras Galegas, para facelo algo moi simbólico», explica.
Na parroquia ortodoxa coruñesa acollen a fieis de diversos países, como Serbia, Ucraína, Xeorxia, Grecia ou Rusia. A diversidade de nacionalidades e contextos lingüísticos fai que a igrexa sexa xa de feito unha parroquia plurilingüe, con liturxias normalmente celebradas en castelán e con oracións e ritos intercalados noutras linguas, ata cinco ou seis.
Ao tratar con tanta xente estranxeira, engadir unha lingua máis aos ritos faise algo complexo, confesa o sacerdote. «Veñen habituados á liturxia na lingua de onde veñen. Aquí usamos na misa cinco ou seis idiomas distintos, engadir outro máis é moi forte». En lugar diso, e para non forzar aos feligreses a aprender tanto castelán como galego, deixarán o uso deste último en algo «simbólico». «Imos incorporar o galego na liturxia pouco a pouco, un domingo faremos a oración do noso pai, outro engadirémolo para as letanías. Imos ir facendo pequenas cousas», explica o párroco.
«Somos unha igrexa ortodoxa imprescindible», di Dámaso. «Os do patriarcado ruso teñen misas na súa lingua, igual que os xeorxianos e os gregos. Aquí en Galicia son moi poucos, non teñen a posibilidade de escoitar a liturxia na súa lingua, pero nós prestamos ese servizo porque nos abrimos a que eles participen connosco e co noso persoal, que ven de ata nove países distintos».
- Cristina Paz, la mejor nota de la PAU en A Coruña y tercera en Galicia: 'Fui muy nerviosa pero salió muy bien
- Norma Duval visita A Coruña acompañada de su anfitrión David Perdomo
- El Salvador de Madariaga es el centro con la mejor nota media: 7,487
- El proyecto de 135 pisos en Adoratrices, en A Coruña, bloqueado hasta abrir el parque del Agra
- A la venta por 145.000 euros un estudio con piscina en Labañou
- Las nuevas ayudas al transporte del Estado en A Coruña: rebaja a BiciCoruña y bus gratis hasta los 15
- Sammy Pet Café: un local para todos los paladares y hocicos en A Coruña
- Avalancha de sardinas por San Juan: veinte barcos descargan 64 toneladas en la lonja de A Coruña