Vegalsa-Eroski homenaxea ás cantareiras polas Letras Galegas

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski súmase un ano máis aos festexos polo Día das Letras Galegas cunha homenaxe as grandes protagonistas deste ano, as cantareiras. Nesta ocasión, 150 dos seus establecementos Eroski e Familia lucirán carteis conmemorativos deseñados polos alumnos do CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro de Cerceda e entregarán bolsas de compra de edición especial, dispoñibles ao longo de todo o mes de maio. O supermercado Eroski Center de Xuxán acolleu este venres unha pegada de carteis coa que a compañía presenta a súa tradicional campaña que conmemora este día. O evento contou cunha actuación musical en homenaxe ás cantareiras a cargo da Agrupación Folclórica Aturuxo.

Tracking Pixel Contents