O legado das cantareiras que vive a través das xeracións
Avoas, fillas e netas da Asociación Cultural Donaire continúan mantendo o labor das mulleres homenaxeadas este ano no Día das Letras Galegas. Unha tradición que está máis viva ca nunca ante o éxito que comeza a ter o folclore galego entra as nenas e mozas que ven con orgullo a súa cultura popular

Avoas, fillas e netas coa súa pandeireta na Asociación Cultural Donaire. | Iago López
O labor que fixeron durante anos as cantareiras como transmisoras da cultura popular segue máis viva ca nunca. Estas mulleres, homenaxeadas este ano no Día das Letras Galegas, ven como o seu legado vive a través de xeración de avoas, fillas e netas que continúan poñendo en valor a música tradicional galega na Asociación Cultural Donaire.
«Eu comecei fai anos, deixeino, e afeccioneime de novo xunto a miña filla», conta Rosa Núñez. Esta muller comezou nos anos 90 a tocar a pandeireta e esa paixón acabou chegando a súa filla, Inca Carnero, que atopou na música tradicional galega unha alternativa de ocio durante o seu embarazo: «Eu non podía facer deporte e apunteime a clases coa miña nai». No ventre de Inca, a pequena Édel Nadal comezaba a escoitar soar a música tradicional galega, e agora, e toda unha amante do folclore da nosa terra: «Gústame todo», comenta a pequena. A súa avoa e a súa nai din que o que máis lle gusta e cantar: «Ela corríxenos a entoación das cantigas», di cun sorriso a súa avoa Rosa.
Outra avoa orgullosa é Olga Vega, que vai a asociación coa súa neta Ella Pose. «Quixemos apuntala desde pequena, encántalle vestirse de galega», conta. Olga naceu en León e chegou a Galicia con sete anos. Aquí comezou a sentir moito amor pola música tradicional e polo labor das cantareiras: «Eran mulleres con moita paixón, non tiñan medios, pero ves como gozaban da música», comenta.
Cantar e tocar a pandeireta é algo habitual na cidade na actualidade, pero antigamente non era tan sinxelo como no rural: «Había dúas asociacións, pero se non tiñas cartos para pagar non podías ir», lembra Olga Martínez. Ela puido ver aquel soño de xuventude cumprido a través da súa filla, Olga Kirk, directora artística da asociación: «No rural era unha cuestión interxeracional que nas cidades perdíase. Aquí xa non había eiras ou grandes cociñas onde se xuntaban as familias», explica.
A pesar de non poder aprender, Olga trasmitiulle ese amor a súa filla: «Aos meus pais sempre lle gustou a música tradicional. Contan que pedín un traxe de galega con dous ou tres anos», conta Olga Kirk, mentres asente a súa nai. A directora artística da asociación foi a mestra da súa nai e tamén da súa filla, Icía Díaz Kirk: «Eu empecei de pequena nas clases e xa non marchei», conta esta última.
Esta rapaza representa ese cambio xeracional onde a mocidade sente orgulloso polo seu folclore: «Eu o noto na xente da miña idade, agora e como ir a baloncesto ou a outra actividade», di, mentras a súa nai lembra que na súa adolescencia practicar a música tradicional galega non era «motivo de fachenda».
Neste fenómeno inflúen figuras como Tanxugueiras, que para Icía «quitaron prexuicios». Olga Kirk engade que «axudaron a que a xente nova se sentira orgullosa», aínda que apunta que a popularidade xa vén de atrás, destacando as foliadas como algo clave para «o benestar da nosa tradición».
A música tradicional galega ten moito futuro con mozas como Édel, Ella ou Icía. Esta última, conta que no seu Spotify escoita clásicos como Leilía, Xabier Díaz ou Mercedes Peón, pero que ademais tamén hai grupos emerxentes, de música tradicional ou de música en galego, que fan que o noso folclore e a nosa tradición estén «nun bo momento».
- Cristina Paz, la mejor nota de la PAU en A Coruña y tercera en Galicia: 'Fui muy nerviosa pero salió muy bien
- Norma Duval visita A Coruña acompañada de su anfitrión David Perdomo
- El Salvador de Madariaga es el centro con la mejor nota media: 7,487
- El proyecto de 135 pisos en Adoratrices, en A Coruña, bloqueado hasta abrir el parque del Agra
- A la venta por 145.000 euros un estudio con piscina en Labañou
- Las nuevas ayudas al transporte del Estado en A Coruña: rebaja a BiciCoruña y bus gratis hasta los 15
- Sammy Pet Café: un local para todos los paladares y hocicos en A Coruña
- Avalancha de sardinas por San Juan: veinte barcos descargan 64 toneladas en la lonja de A Coruña