Si no lo leo no lo creo

Manu Chao, un galego máis

ANTÓN PERULEIRO

O Día das Letras Galegas deste 2025 foi unha das edicións máis especiais que se lembran debido ao carácter popular das figuras homenaxeadas, as cantareiras e pandeireteiras. Moitas persoas aproveitaron, onte, para render tributo á tradición oral no país. Un deles foi o compositor Manu Chao, fillo de galego e galego xa el mesmo por mérito propio, que celebrou o 17 de maio difundindo un vídeo nas súas redes sociais no que pon música e recita, co seu particular estilo, un dos poemas que recolleu Rosalía de Castro en Cantares Gallegos.

Tracking Pixel Contents