As cantareiras Adolfina e Rosa Casás decoran as paredes da escola infantil Luís Seoane

A neta e sobriña das celebradas é a directora do centro

A Coruña

As paredes da escola infantil Luís Seoane xa conta co seu propio homenaxe ás cantareiras protagonistas do Día das Letras Galegas deste ano. O Concello inaugurou esta mañá un mural de Adolfina y Rosa Casás creado pola ilustradora Tania Solla.

A obra busca visibilizar as aportación á música popular das pandereteiras, decorando o centro no que a neta e sobriña delas exerce como directora.

O acto forma parte da programación municipal para celebrar o Día das Letras Galegas e a el acudiron a alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego e o edil de Cultura, Gonzalo Castro. O Executivo local destacou o seu compromiso coa defensa e promoción da cultura galega.

Tracking Pixel Contents