Entrevista | Faia Díaz Cantante, actúa este xoves no espazo NORMAL
«Revisito o cancioneiro dende a perspectiva da maternidade»
Faia Díaz presenta o seu novo disco, ‘Alvela’ xunto coa arpista bretoa Bleuenn Le Friec

Faia Díaz. | Arancha Brandón
Alvela é un disco que ve a luz este ano, pero que leva xestándose cinco. Como foi este proceso?
Si. Dende o último traballo que fixen eu soa, no 2019, que pasamos moito tempo presentando. Agora presento este, que tira un pouco do fío do anterior pero lévao ao outro momento vital.
Cal é ese momento vital?
Está moi atravesado pola experiencia da maternidade. É un disco de música tradicional, pero observo a música dende este filtro particular. Hai unha parte persoal dentro dunha labor que é moi colectiva, moi da comunidade.
Non sei se foi a súa intención, pero o disco sae xustamente no ano no que as Letras homenaxean ás cantareiras e á música popular interpretada, sobre todo, por mulleres en comunidade.
Non estaba previsto, non. A idea era presentar o disco antes. Coincidiu así, ata no propio mes das Letras. Parece que se visibiliza moito máis a labor destas mulleres e a importancia da transmisión oral para a nosa cultura e as nosas letras. Estou contenta de que coincida con esta homenaxe.
Como entronca o fondo deste proxecto con esta reivindicación da creación colectiva feminina?
Eu penso que fan falta moitas voces que falen desde o feminismo. Que sexamos nós, as mulleres, as que contemos o que nos pasa, o que queremos, o que sentimos, o que ansiamos e o que cremos dende aí. O ámbito da creación é tanto dos homes como das mulleres, aínda que nos fose moi negada ao longo do tempo. Penso que é un lugar que hai que reivindicar, porque dende aí podemos transformar moitas cousas. Para min é a miña ferramenta de expresión, pero tamén o lugar dende onde quero mover marcos, crear conciencia e repensar un pouco as cousas.
Como é a maternidade da que nos fala Alvela?
Hai moitos arrolos tradicionais. Eu o que fixen foi incidir no seu carácter melancólico, e nesa cuestión de que moitos destes cantos tradicionais xa teñen esa melancolía, mesmo esa tristeza, aí de base. É un repertorio que non se sabe tratar, co que non se sabe traballar, e eu quixen traballalo dende unha perspectiva bastante radical, e facelo por momentos incómodo, escuro ás veces. Hai tamén momentos moi luminosos. É revisitar o cancioneiro, pero dende unha perspectiva máis vinculada á vida e á maternidade, con todo o que implica.
Definiu este disco como «feminista e político». Pódese facer a revolución tamén dende a intimidade?
Si. Penso que a revolución empeza dende o íntimo, ou radica aí a esencia. Facemos a revolución ou queremos cambiar as cousas para poder ser felices. Iso ten que conseguirse en colectividade. O diálogo entre o íntimo e o social, no caso da poesía de transmisión oral é algo moi asentado, convive de xeito natural. É algo no que me interesaba incidir tamén por iso. Na poesía tradicional convive cunha naturalidade espectacular, e se cadra na poesía contemporánea, ou noutros modos de escribir no que o concepto de autoría está máis presente, parece que está compartimentado o individual do colectivo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los nuevos bonos de Media Distancia en Galicia saldrán a la venta el 23 de junio
- Los nuevos trenes y frecuencias aumentan un 59% el tráfico entre A Coruña y Madrid
- Un banco en un paso de peatones de la avenida de Gran Canaria de A Coruña
- Prisión provisional y sin fianza para el detenido por el crimen de la Sagrada Familia
- Detenido un hombre por matar con un cuchillo a su pareja en Sagrada Familia
- El Colegio de Arquitectos impugna las bases del concurso internacional de Coruña Marítima
- La autopsia de la víctima de la Sagrada Familia revela que recibió 'decenas de puñaladas
- La alcaldesa de A Coruña niega que el 'caso Koldo' afecte a las próximas elecciones municipales