Dios Ke Te Crew, Boyanka Kostova, Alana, Pava, Ulex e actuación sorpresa no festival Aquí tamén se fala
Será o 13 de xuño, na praza da Tolerancia, con entrada gratuíta a partir das cinco da tarde | Está organizado por estudantes do instituto Rafael Dieste

Presentación do festival Aquí Tamén se Fala, esta mañá, no Rafael Dieste
O grupo Aquí Tamén se Fala, do instituto Rafael Dieste, celebra a segunda edición do seu festival de música cun cartel formado por Dios Ke Te Crew, Boyanka Kostova, Alana, Pava, Ulex e unha actuación sorpresa que, segundo comentou o profesor Arcadio González, terá moito que ver coa campaña que o grupo está a desenvolver este ano, para que o Deportivo cambie o seu nome para que pase a ser o que xa é, "da Coruña".
O festival será o 13 de xuño, na praza da Tolerancia, a partir das cinco da tarde e a entrada será gratuíta. González incidiu no "doado" que está a ser programar un festival variado e de calidade integramente en galego, polo bo momento que están a vivir as bandas do país, con variedade de estilos e alta calidade.
- Cristina Paz, la mejor nota de la PAU en A Coruña y tercera en Galicia: 'Fui muy nerviosa pero salió muy bien
- La plantilla de basuras de A Coruña exige una asamblea por la «falta de transparencia» de STL
- Concentración en A Coruña el jueves 12 para protestar contra las listas de espera en la Sanidad
- Norma Duval visita A Coruña acompañada de su anfitrión David Perdomo
- El Salvador de Madariaga es el centro con la mejor nota media: 7,487
- Las nuevas ayudas al transporte del Estado en A Coruña: rebaja a BiciCoruña y bus gratis hasta los 15
- Sammy Pet Café: un local para todos los paladares y hocicos en A Coruña
- Multas para acabar con los excrementos de los perros de A Coruña