O BNG reclama que se cumpra a ordenanza do galego de 2021

Sinala que faltan o Plan de Normalización e o Consello da Lingua

A Coruña

O grupo municipal do BNG criticará no pleno do próximo xoves o «incumprimento» por parte do Goberno Local de aspectos «esenciais» da ordenanza do galego aprobada en xuño de 2021 «grazas ao impulso» do Bloque. A edil Mercedes Queixas sinala que o Executivo municipal está «a velas vir» e non puxo en marcha «dúas ferramentas fundamentais» para conseguir os obxectivos da ordenanza, o Plan de Normalización e o Consello Local da Lingua.

Queixas formulará unha pregunta oral ao Goberno local, inquirindo pola súa «avaliación» destas dúas medidas, e acusa ao Executivo municipal de cometer un «manifesto incumprimento» do acordo de investidura a raíz do cal o Bloque votou a favor de que a socialista Inés Rey tivese a Alcaldía. Para a edil nacionalista, nun momento de «emerxencia lingüística» como o actual, o Goberno local debería deixar de «imitar ao PP», cumprir «a súa palabra» e colocarse a favor do galego «no terreo dos feitos».

Tracking Pixel Contents