Fillas de Casandra presentará o seu novo EP, Hibernarse, o 28 de xuño na Seoane
A Fnac repartirá invitacións para a estrea do novo proxecto das cantareiras

Fillas de Casandra, nun concerto en Vilagarcía. | Iñaki Abella
Á. Abeledo
Fillas de Casandra presentarán o seu novo EP, Hibernarse, na Fundación Luis Seoane en A Coruña, o próximo 28 de xuño, ás 20.00 horas. O acto está organizado pola Fnac dentro da súa iniciativa Noite no museo.
Na presentación do novo disco do grupo formado por María SOA e Sara Faro, as cantareiras actuarán tocando catro temas deste EP —feito a man, arderse, quebrantarse e hibernarse— e explicarán a o significado de Hibernarse a todo o público, que terá a oportunidade de falar con elas. Hibernarse é un proxecto multiformato, que engloba o EP, videofilme, un fanzine… ata unha colección de xoias creada por Toda Frágil, no que Fillas de Casandra revalorizan os procesos creativos e artesanais.
Quen queira acudir á presentación, pode conseguir as invitacións nas tendas de Fnac de A Coruña. A cadea e as artistas, a través das súas redes sociais, informarán proximamente de como acadalas. As persoas que comprasen o pack do vinilo e o fanzine de Hibernarse na prevenda, teñen a opción de acceder a esta presentación. Quen non poida acudir ácita na cidade coruñesa, ten a oportunidade de ver a mesma presentación o venres 27 no MARCO de Vigo.
- Zara vuelve loca a A Coruña con una colección exclusiva de San Juan: solo a la venta en la calle Compostela
- Piqué y el Andorra celebran su ascenso a LaLiga Hypermotion en A Coruña
- Una mujer resulta herida tras caer a las vías ferroviarias en Casablanca, en A Coruña
- El ‘tiktoker’ que se come la ciudad de A Coruña
- Los bonos de Renfe de 10 viajes tendrán validez durante un año
- Comienza el adiós del viejo hospital: las máquinas ya derriban el Hotel de Pacientes
- Detenida una persona que estaba en busca y captura tras una pelea en un local de la calle Orzán
- ‘Sanjuaneros’ adelantados y primerizos