FoliAgra, máis que unha foliada
A Asociación de Veciños da Agra do Orzán dá comezo a outro ano máis de música e festa nas rúas coruñesas dende hoxe ata o domingo 21 de xuño

FoliAgra nas Conchiñas / Carlos Pardellas
Á. Abeledo
Regresa Foliagra. As rúas inúndanse de música e xogos tradicionais da man da Asociación de Veciños do Agra do Orzán. O coordinador da entidade, Ricardo Seixo, di que «esta iniciativa nace pola ansia de recuperar a música tradicional na rúa» e poder gozar desta sen a necesidade de ir aos teatros.
Seixo afirma que cada edición ten unha maior acollida, polo que a praza das Conchiñas vai quedando pequena. A organización recae na asociación, que en setembro comeza a reunirse para preparar a edición seguinte e comentar o traballo realizado na última. En outubro contactan cos grupos e colexios e, finalmente, en decembro xa teñen a programación pechada, que lle envían ao Concello. Dende a Asociación comentan que «ningún grupo dos que participa é mais relevante ca outro, todos teñen a mesma importancia», o obxectivo é divertirse e trasladar a tradición a rúa.
Hai actividades para todas as idades. Este ano FoliAgra das Crianzas conta con dous espectáculos de Trécola Producións para o alumnado do colexio María Barbeito e Cerviño e do colexio Raquel Camacho, con teatro e títeres. The Piccole Theatre actúa o martes 17 no colexio Raquel Camacho, e o mércores 18 no colexio María Barbeito e Cerviño, e KINETICO estará o xoves 19 no Raquel Camacho e o mércores 18 no María Barbeito e Cerviño. O obxectivo é que os máis pequenos participen e aprendan dos xogos e actuacións tradicionais. Unha das actividades máis populares son as ruadas, que achegan a todo o mundo a música tradicional. Este ano hai unha nova incorporación, Tradivivas Agra, o grupo propio da Asociación organizadora. A ruada comeza ás 11.30 ata as 14.00 horas, partindo dende As Conchiñas. O sábado 7 actúa Santaia, o domingo 8 Cántigas da Terra, sábado 14 Herba Grileira, domingo 15 Cántigas e Frores, sábado 21 Ancoradoira, domingo 22 Orballo e o sábado 28 Tradivivas Agra.
No horario de tarde, de 19.30 ás 22.30 horas, hoxe e o sábado 21 hai Cantos de Taberna. Cada grupo actuará aproximadamente media hora en cada establecemento. O sábado 7 participan os grupos Cantareiros do Naval, Parabéns, Raíñas ao lado de... e Vento Mareiro. Estes grupos tocaran no Bar O Chipirón, Bar Órdenes, Bar Vecino e a cafetería Bendito Café. O sábado 21 actúan: Tradivivas Agra, Dorna de Dorneda, Reviravolta e Tombalobos. Os grupos tocarán na Adega Cacabelos, Cafetaría De Juanes, Cafetaría D'ylons e na Cervexería La Gloria.
A FoliAgra tamén conta coa participación da Escola Municipal de Música o sábado 14, coa realización de microconcertos do grupo de Tony González, o grupo de Dubi Baamonde (banda de gaitas), o grupo de Galina Zavtur Gavrilov, ademais de Yelene Acosta e Ángeles Dorrio. Actuarán durante toda a tarde en diferentes puntos da rúa Barcelona e As Conchiñas.
Para rematar, o domingo 29 realizarase un concerto da Banda Municipal da Coruña no Auditorio do Centro Ágora a partir das 12. Como colofón, tamén no Ágora, actuarán ás 19.30 horas as cantoras Uxía Senlle e Celina da Piedade. Toda a oferta cultural programada da FoliAgra é de entrada libre e gratuíta.
- Los nuevos bonos de Media Distancia en Galicia saldrán a la venta el 23 de junio
- El ‘tiktoker’ que se come la ciudad de A Coruña
- Comienza el adiós del viejo hospital: las máquinas ya derriban el Hotel de Pacientes
- Los nuevos trenes y frecuencias aumentan un 59% el tráfico entre A Coruña y Madrid
- Daniel Domínguez, nuevo director de LA OPINIÓN A CORUÑA
- Un banco en un paso de peatones de la avenida de Gran Canaria de A Coruña
- Prisión provisional y sin fianza para el detenido por el crimen de la Sagrada Familia
- El tiempo en A Coruña: la niebla toma el relevo de las altas temperaturas en plena cuenta atrás para San Juan