O Grupo Naturalista Hábitat opina
Sobre a saúde dos nosos océanos
Cosme Damián Romay
O Día Mundial dos Océanos, que se celebra hoxe, é unha ocasión perfecta para reivindicar a protección dos hábitats mariños e da diversidade biolóxica asociada a estes. Sen dúbida, os océanos son esenciais para a vida no planeta: os réximes de precipitacións están asociados con eles, producen máis da metade do osíxeno global e reteñen unha elevada porcentaxe do dióxido do carbono da Terra.
Os servizos ecosistémicos asociados aos océanos teñen tamén relación co benestar humano: por exemplo, son imprescindibles para a alimentación de máis de mil millóns de persoas no planeta. Así e todo, a degradación dos mesmos acelerouse nas últimas décadas: segundo Nacións Unidas, máis do 90% das grandes especies de peixes mariños teñen poboacións case esgotadas, e a metade dos arrecifes de coral, extraordinariamente biodiversos, xa desapareceron. Segundo este organismo, «estamos a extraer máis do océano do que este pode repoñer». Alén diso, a contaminación con plásticos, hidrocarburos, nitratos, etcétera está a poñer en risco a moitos organismos mariños, mesmo aves e mamíferos, e as especies exóticas invasoras son tamén problemáticas en cada vez máis recunchos oceánicos.
Este panorama sería moito peor sen as accións decididas e fundamentadas cientificamente de moitas persoas e organizacións, que logran influír finalmente nas decisións políticas das administracións vencelladas ao mar. Hoxe en día existen avances (aínda tímidos) en moitos aspectos fundamentais para a conservación dos océanos: cotas de pesca máis estritas, moratoria permanente na caza de mamíferos mariños, prohibición dos plásticos dun só uso, reforma profunda das artes de pesca, diminución do risco de verteduras de hidrocarburos e de augas de lastre sen tratar… En todo caso, queda moitísimo por facer, en especial no relativo á chegada de plásticos e outros contaminantes desde os continentes: entre oito e doce millóns de toneladas de plástico acaban cada ano nos océanos! Na súa degradación, xeran microplásticos con efectos importantes na saúde dos organismos mariños. Reducir a nosa dependencia dos plásticos, evitando a compra de produtos plastificados e optando por homólogos non plásticos de produtos cotiáns, pode ser un bo punto de partida.
Conclusión: O G. N. Hábitat celebra este Día Mundial dos Océanos advertindo da degradación dos mares arreo do mundo e animando a toda a poboación a que cada día faga algún xesto en favor deles: empregar menos produtos con plástico, non consumir peixe capturado con artes insostibles ambientalmente ou denunciar ás autoridades verteduras contaminantes no mar poden axudar aos nosos océanos. E, especialmente, coñecer e preservar as especies e os hábitats que aínda quedan, compartindo o coñecemento coas novas xeracións.
- Cristina Paz, la mejor nota de la PAU en A Coruña y tercera en Galicia: 'Fui muy nerviosa pero salió muy bien
- Detenido por matar a su pareja a puñaladas en la Sagrada Familia
- Norma Duval visita A Coruña acompañada de su anfitrión David Perdomo
- El Salvador de Madariaga es el centro con la mejor nota media: 7,487
- A la venta por 145.000 euros un estudio con piscina en Labañou
- El proyecto de 135 pisos en Adoratrices, en A Coruña, bloqueado hasta abrir el parque del Agra
- Las nuevas ayudas al transporte del Estado en A Coruña: rebaja a BiciCoruña y bus gratis hasta los 15
- Sammy Pet Café: un local para todos los paladares y hocicos en A Coruña