Refugallos para visibilizar o estado do fondo do mar da Coruña
Case dúas toneladas de residuos foron recollidos este domingo do fondo das augas do Parrote na limpeza realizada como actividade final do festival Mar de Mares, que con ela quere concienciar á cidadanía sobre a necesidade de conservar o medio mariño

Residuos colocados no peirao do Parrote formando as letras SOS. | Casteleiro/Roller Agencia
«Xa teño asumido que calquera cousa que poidamos ver en terra podémola atopar no mar», comentaba este domingo Luís Cousillas, director do Festival Mar de Mares, sobre os obxectos retirados do fondo da Dársena coruñesa durante a limpeza efectuada nesa mañá como punto final da programación desenvolvida durante as últimas dúas semanas. As case oitenta persoas que participaron na actividade —corenta mergulladores e outros tantos voluntarios no peirao—recolleron case dúas toneladas de refugallos.

Unha voluntaria mostra unha bota atopada. | Casteleiro/Roller A.
Esta a sexta limpeza que se fai en augas do porto, que nesta ocasión abrangueu dende o canal de entrada á Dársena ata o peirao do Parrote. En anos pasados fíxose no que hoxe é a zona de baño neste tramo do paseo marítimo, os arredores do castelo de Santo Antón, o peirao das Ánimas e a zona da torre de control marítimo.
A cantidade de lixo recollido foi menor ca outros anos, sobre o que Cousillas apunta que depende da amplitude da superficie na que se traballe e do número de persoas que participen. «Pero o obxectivo non é tanto quitar, quitar e quitar como quitar para visibilizar». Por iso os refugallos rescatados do fondo do mar colocáronse sobre o peirao formando as letras SOS para facer un chamamento a cidadanía sobre o estado das augas.

VI Gran limpieza de fondos marinos en A Coruña / Casteleiro / Roller Agencia
A variedade dos obxectos retirados é outro dos aspectos salientables destas limpezas, xa que Cousillas menciona un sinal de tráfico, valados de obras, unha papeleira, botellas, lonas, artes de pesca entre os residuos achados no mar este domingo.
Malia que se pode pensar que este tipo de verteduras son cousa do pasado, o director de Mar de Mares advirte de que «por suposto que segue pasando» e para demostralo sinala que se atopou un tubo de PVC novo e un parasol de praia roto, aínda que tamén comenta que os mergulladores indican que cada vez aparecen menos residuos recentes, o que revelaría unha maior concienciación cidadá sobre a necesidade de conservar o medio mariño.

Casteleiro / Roller Agencia
Sobre a reacción da cidadanía que onte vía estes obxectos no Parrote, Cousillas comenta que a máis habitual foi a de exclamar «Que porcos somos!», ademais da felicitación aos voluntarios que fixeron este traballo, que foi liderada pola entidade Signus, adicada á recollida e tratamento de pneumáticos en España, e dirixida por Buceo Galicia. A limpeza contou ademais coa colaboración da Cruz Vermella, Bombeiros da Coruña, a Autoridade Portuaria, Vegalsa-Eroski, Abanca, Afundación, a Asociación Amicos e Concello da Coruña.
A actividade con maior impacto social do festival
A programación desenvolvida polo festival Mar de Mares dende o pasado día 6 incluiu un ano máis actividades culturais, científicas, artísticas e divulgativas relacionadas coa sustentabilidade mariña. Pero os responsables da iniciativa salientan que a limpeza do fondo mariño é especialmente relevante «porque é a que consegue ter maior impacto na sociedade» ao visibilizar en terra o verdadeiro estado do mar.
- Los dueños de perros en A Coruña celebran las nuevas sanciones: 'La gente aprende por las malas
- Residente se cae del Morriña Fest en A Coruña por la vinculación del festival con el fondo KKR
- El ocio nocturno se reivindica en A Coruña: 'Estamos en un momento de dificultad, pero somos optimistas
- A pleno la ordenanza definitiva de eficiencia energética de A Coruña para su entrada en vigor este mes
- Fallece la paciente de cáncer ultrarraro Iara Mantiñán: una entre un millón
- El Concello de A Coruña empieza a poner multas por no limpiar los excrementos de los perros: hasta 30.000 euros para los reincidentes
- Los conductores de autobús de A Coruña reclaman una mejor climatización y más baños
- Bomberos de A Coruña, campeones del mundo en subir escaleras