‘Xibraltaria’, a fantasía que puido ser
O escritor Nacho Taibo presenta hoxe, na Tobeira de Oza (19.30 horas) a novela ‘Xibraltaria. Un Cadillac en Xibraltar’, que reconstrúe a historia dunha organización clandestina galega infiltrada nun circo nos últimos anos da Segunda República

Nacho Taibo / Inés Lobato
1935. Un lugar: Xibraltar. Un escenario: o circo Vanaclocha. Un xeneral pequeno, na altura, anónimo: Franco. Unha organización segreda infiltrada entre trapecistas e elefantes. E un Cadillac para percorrer unha historia que parte da semente dun feito real e ramifícase nunha sucesión de personaxes e situacións disparatadas e insólitas. Cando o selo editorial Morgante decidiu poñer en marcha a súa colección Singularis, reservada para esas delicatessen literarias que agroman, de cando en vez, no mercado literario, de seguro estaba pensando en novelas como Xibraltaria. Un Cadillac en Xibraltar, que o escritor Nacho Taibo presenta, hoxe, na Tobeira de Oza (19.30 horas) acompañado polo editor Moisés Barcia.
Nacho Taibo xoga a encher os ocos da historia que non foi e imaxina a sucesión de acontecementos que parten da visita de Francisco Franco ao Peñón un ano antes do inicio da Guerra Civil, que algunhas investigacións defenden como o xermolo do alzamento contra a Segunda República. “A idea xorde dun erudito local que descobre que Franco estivera alí en marzo do 1935 preparando o Golpe de Estado. É unha base real non probada, discutida; pero el estivo aí reunido con forzas vivas. A hipérbole faise dende aí”, explica o autor. O que segue non é, nin moito menos, unha reconstrución histórica. Xa o advirte a contracapa: é unha novela de espías e aventuras “parecida a ningunha outra”.
Taibo escolle narrar Xibraltaria dende a lembranza do xefe de pista do circo Vanaclocha, no que operan infiltrados, como artistas circenses, os integrantes dunha organización clandestina que vela polos intereses da Galiza nos prolegómenos daquel levantamento militar que non foi, pero que se cadra puido ser. O resultado, para Taibo, non tería sido diferente. “Se Franco chega a preparar o golpe de Estado no 35 e non no 36, penso que non ía modificar o resultado da Guerra Civil, sería algo anecdótico pero acabaría sendo o mesmo. Xibraltar foi un lugar que sempre me fascinou, non por patriotismo, senón porque é determinante de moitas cousas na política española”, reflexiona.
Taibo regresa “conceptualmente” a ese Xibraltar do 35 e debuxa unha fantasía que, dende certa comicidade e ironía —aínda que o autor defende que “non era a intención”— terma dun trapecista gaiteiro con problemas de vertixe, dun adiviñador do futuro inminente, ou dun Cadillac V12 que, como calquera coche, sempre é moito máis ca iso.
- A Coruña aprueba los festivos locales para 2026: así queda el calendario laboral
- Las religiosas de María Inmaculada venden su sede de A Coruña al impulsor del Hotel Hilton y Marineda
- La ubicación de la Feria del Libro de A Coruña y Mostrart cambia por las obras
- Hijos de Rivera ultima la obra del edificio Comcor y prepara su traslado
- Cambios en la estación de bus obligan a modificar el acceso a la intermodal
- El Ayuntamiento blinda el uso dotacional del edificio de las Inmaculadas tras su venta al impulsor del Hilton en A Coruña
- Marc Anthony 'valió la pena' en A Coruña
- Starbucks ultima su apertura en el Obelisco