A pegada cultural de Rosalía de Castro dende A Coruña ata Portugal
A Fundación Rosalía de Castro e o Concello coruñés presentan a novena edición da revista ‘Follas Novas’

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, e o escritor Xosé Luís Axeitos, na presentación de Follas Novas.| Carlos Pardellas
á. aBELEDO
O Concello da Coruña acolleu a presentación da novena edición da revista Follas Novas, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro e a Casa de Rosalía de Castro, coa que queren destacar a relevancia que tivo esta poeta na cidade, en Galicia e fóra. Os temas principais da novena edición son a presenza na Coruña e a internacionalización da figura de Rosalía, coincidindo co 70 aniversario da estatua de Rosalía de Castro na Praça da Galiza en Oporto, e a súa figura en Portugal.
O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, agradeceu ao Concello polo seu compromiso, e reivindicou a figura da poeta: «A Coruña garda moitas pezas de Rosalía, ela expresou as súas gañas de vivir aquí». «Rosalía é de toda Galicia, non é de ningún punto en concreto», expresou o presidente da Fundación. «Aquí queda un gran legado, tanto na educación coma na propia cidade», engadiu Angueira. O escritor Xosé Luís Axeitos falou dos diversos contidos que hai na revista, e da pegada que ten a cidade herculina nesta edición. «A Rosalía gustáballe a cidade porque había un ambiente liberal acorde co seu discurso», apunta Axeitos.
Rosalía foi o camiño da diplomacia cultural entre Galicia e Portugal, primeiro Viana, logo Oporto e despois Coimbra. «Rosalía era portadora dun soño, o do nacionalismo. Ela tiña unha meta, facer grande a súa cultura e defender os seus dereitos», di Axeitos. Da relación de Rosalía con Portugal abóndase nos artigos Rosalía e Portugal. Dous textos e dous eventos, por Anxo Angueira, ou Rosalía 1945. Imaxes e memoria da homenaxe no Porto, de Olivia Novoa e María Jesús Botana.
Xosé Luís Axeitos explica o por que de que esta edición se centre no lugar de Rosalía alén das fronteiras: «Dáse porque hai unha serie de conmemoracións culturais, como o dos 70 anos, que lle dan sentido a reivindicación, a parte serve como reflexión do papel da diplomacia cultural». «O proxecto no que estamos traballando actualmente é precisamente a apreciación internacional de Rosalía. É un estudo que producimos a outros idiomas», apuntou Anxo Angueira. Un exemplo disto é a creación da primeira edición de Cantares gallegos na linguaxe xermana, no Proxecto dunha Rosalía completa en alemá.
- A Coruña despide una tienda histórica: «Yo no era manitas, lo eran mis clientes»
- Monte Martelo, el barrio naciente en A Coruña
- Nuevo párroco para la Colegiata
- El Concello precinta El Holandés, en la Estrecha de San Andrés, por no adaptarse a la normativa
- A pleno la ordenanza definitiva de eficiencia energética de A Coruña para su entrada en vigor este mes
- Fallece la paciente de cáncer ultrarraro Iara Mantiñán: una entre un millón
- Los dueños de perros en A Coruña celebran las nuevas sanciones: 'La gente aprende por las malas
- El Concello de A Coruña empieza a poner multas por no limpiar los excrementos de los perros: hasta 30.000 euros para los reincidentes