Os Mallos van de festa por San Pedro
Este fin de semana dous barrios coruñeses énchense de música e actividades para celebrar o seu patrón

A comisión de festas de Os Mallos. | Germán Barreiros/Roller Agencia
Á. Abeledo
Volven outro ano máis as festas de San Pedro a barrios coruñeses como Os Mallos e Bens. Comezarán este venres 27 e rematarán o domingo 29, o propio día do patrón. Nesta edición Os Mallos contará con moita música e unha churrascada.
O venres 27 o DJ Pukas será o encargado de poñer a música antes do pregón. Este ano, a encargada de facelo será a alcaldesa da Coruña, Inés Rey. Para animar os festexos contarán co monologuista Daniel Rodríguez, que fará de presentador dos acontecementos do día.
A membro da comisión de festas de Os Mallos, Pilar Neira, enumera os protagonistas desta edición: «Os homenaxeados deste ano son a directora do cole, Maricarmen Borrego, unha muller que nos anos 60 apostou por ser unha empresaria e pola educación. E os fundadores do Club Feminino Karbo». O sábado 28 haberá un pasarrúas da man da Agrupación Aturuxo e unha maxi sesión vermú, ademais do concerto de rock do grupo The Homeless e a actuación de DJ Pukas. Aparte haberá unha churrascada a cargo da peña Tralla Brava. Pola tarde organizaranse actividades para os máis pequenos. «Vai haber inchables, festa da escuma e un DJ para eles», di Neira.
O domingo 29 tocarán os Kilomberos nun pasarrúas, e finalizarán coa sesión vermú. Dende a comisión queren avisar de que este ano non se fará o bingo solidario nestas festas, senón que se despraza a setembro.
Festas en Bens
En Bens, parroquia de San Pedro de Visma, organizan tres días cheos de actividades. A comisión de festas coa axuda da asociación de veciños son os impulsores destes festexos. Este venres 27 programan unha churrascada e o sábado 28 haberá unha pulpeirada. Un dos membros da comisión de festas, Rubén Souto, di que «na churrascada se prevé repartir 300 racións». Segundo explica, «de ano a ano deixamos apalabrada as orquestas». Para a comisión, as súas festas «son as mellores, somos poucos pero traballamos moito, e os veciños colaboran».A verbena estará amenizada polas orquestras Finisterre e os Satélites.
- A Coruña aprueba los festivos locales para 2026: así queda el calendario laboral
- El Morriña Festival ya tiene horarios y anuncia un concierto gratuito para el sábado
- Lío en las fiestas de Mariñeiros
- El dueño de La Intrusa anuncia el cierre del local y su candidatura a la Alcaldía de A Coruña
- De la barra del Chaflán a una lona en la plaza de Lugo para simbolizar la unión entre Estrella y el Dépor
- Cambios en la estación de bus obligan a modificar el acceso a la intermodal
- Nuevos alquileres en Xuxán: 36.000 euros y 700 al mes
- Cuenta bancaria bloqueada por una firma a los casi 100 años de edad en A Coruña