Entrevista | Sara Faro e María Soa Fillas de Cassandra
«O público é o momento no que podes medir o teu traballo»
Fillas de Cassandra presentará este sábado 28 de xuño as 20.00 horas na Fundación Luis Seoane o seu novo disco Hibernarse. Na exposición falarán cara a cara co público, explicarán o proceso creativo do seu videofilme e cantarán os catro temas do EP Hibernarse, Arderse, Quebrantarse e Feito a man

Fillas de Cassandra. | LOC
Á. abeledo
Apostan por un formato que vai máis alá da presentación dun disco. Por que escollen este formato showcase?
Tomamos a decisión de levalo ao físico, ao público. Para nós é importante que se poida vivir a experiencia, que sexa unha lembranza física e experiencial. Tamén haberá cuestións que teñan que ver co teatral, que para un show completo requirirían máis tempo. Pensabamos que vai da man do feito a man, que o público poida ver as costuras do traballo.
Que significa para vostedes poder falar co público cara a cara?
O público é o momento no que podes medir o teu traballo, ves a reacción real e palpable da túa música. Nós gozamos moito dos directos, encántanos cantar ante públicos grandes ou reducidos, estar cara a cara, verlle os ollos mentres cantas.
Por que deciden expoñer a colección de xoias de Toda Frágil?
O efecto humano e o artesanal teñen que ver coas mans, co físico, co palpable. Ademais estas xoias teñen unha cousa preciosa ao ser de cristal, a maneira na que a luz reside nelas é como se tivesen unha nova vida. Damos a oportunidade de que as persoas veñan e as vexan nun espazo de museo, que non se quedasen só na compravenda.
En que se inspiran vostedes á hora de crear os catro temas do EP: Hibernarse, Arderse, Quebrantarse e Feito a man?
O EP compuxémolo da man do que estabamos a vivir, foi unha especie de caderno de bitácora. De feito, isto contarémolo no showcase. Arderse, xunto Caamaño & Ameixeiras, ten unha sonoridade que trae cos seus instrumentos. Quebrantarse nace da escoita de cantos de Severina Murias, que nos removeu por dentro. Hibernarse segue unha cultura máis urbana, nos guiamos polo noso gusto por Nathy Peluso, por exemplo. E Feito a man e a apertura que lle dá sentido. Reivindicamos a pausa, ante estes tempos que son un pouco desbocados.
De onde nace a idea de crear un videofilme no que se xunten os catro temas?
Xorde da idea de que, fronte a estes tempos acelerados, buscabamos cousas diferentes. Nós propoñiamos ideas, avogabamos polo plano secuencia. Dicían que parecía que non tiñan dinamismo e isto era o que queriamos reivindicar. Que vexan algo que está filmado en tempo real, convidar á xente a que vivan con nós durante seis minutos. Aparte queda moi estético.
Acaban de sacar A todas partes xunto con Çantamarta. De onde nace esta colaboración?
Pois somos seguidoras do traballo de Çantamarta, e un día convidámolos a coñecer o noso traballo, e a resposta foi inmediata. Fomos para Madrid e conectamos moi ben. Todos tiñamos acentos diversos, do Caribe, de Andalucía e do norte de España. Sabiamos que iso era o que queriamos reivindicar, e expresalo coa música.
- La empanada de A Coruña que triunfa por su masa y relleno: 'Algunos cogen el coche para venir a por ella
- El 'paraíso de la desconexión' está a 30 minutos de A Coruña y a solo 2 de la playa: piscina privada, restaurante y apto para mascotas
- De trabajar con Dabiz Muñoz a abrir dos pastelerías en tres meses y la tercera pronto en A Coruña
- Hijos de Rivera ultima la obra del edificio Comcor y prepara su traslado
- Mercedes Mosquera se despide de Duende: «Llevo entre cajas desde los 9 años»
- El edificio de San Roque se salva de ser demolido tras casi 20 años de conflicto
- Marc Anthony pone a bailar a más de 12.000 personas en A Coruña
- Desalojado un edificio del Barrio de las Flores por un incendio en el séptimo piso