De Ninghures: «Pasámolo tan ben que, cando acaba o concerto, queremos volver a empezar»
O grupo revisita a música tradicional propia de Galicia pero sen limitacións nin corsés. No seu disco ‘Feira’ colle electrónica, ritmos latinos, desenfado e moito bo rollo. A fin de contas, todo o que colle nunha feira do século XXI. Estarán hoxe no Atlantic Pride ás 21.30 horas

O grupo De Ninghures. | Arancha Brandón
Visitan o Atlantic Pride, que mais que o concerto ao uso, é tamén un posicionamento.
Si, de feito xa nos chaman o grupo das causas. Nós sempre estamos comprometidos coa música, pero tamén coa sociedade na que vivimos. Para nós, que mellor escenario que o Atlantic Pride para poder amosar a nosa proposta, pero tamén para amosar que estamos co colectivo e coa defensa de todos os dereitos e liberdades
Que tal lles encaixa isto do grupo das causas? A priori, non son un grupo explicitamente reivindicativo. Ou si?
As nosas pandeireteiras, os gaiteiros, toda a xente da que bebemos, e todas as nosas referencias, pensamos que son moi reivindicativos, e que sempre dixeron cousas. Este ano foi o ano das pandeireteiras; calquera copla tradicional que nos parece que non ten ningún trasfondo, teno por mil. Nós si que nos consideramos un grupo reivindicativo: as nosas pandeireteiras así o eran, e as nosas letras así o son. Este é o segundo disco que compuxemos, e podemos dicir que é o máis reivindicativo, porque detrás desa tradición escóndese moitas reivindicacións, aínda que non o pareza. Unha cousa é dicir directamente «abaixo as inxustizas», e outro dicir abaixo as inxustizas, pero con lírica. Podo dicir que este pandeiro é de coiro de cacique, e xa estou facendo unha reivindicación co poder establecido.
Este foi o ano de lanzamento do seu disco Feira. Coincidiu coa súa experiencia no Emigrason de Bruxelas. Como foi presentar o disco ante a diáspora galega?
Xa tiñamos emocións contidas, porque o Feira estaba recén sacado nas plataformas dixitais, e case estabamos a punto de encher a Capitol para presentar o disco, e estabamos collendo un avión para Bruxelas e estabamos vendo que iso ía ser moi grande. A xente estaba entregadísima. Sentiámonos como en Santiago, en Carballo ou na Fonsagrada, foi marabilloso, non parecía que estivésemos nunha das salas principais desa capital europea. Os rexedores da sala quedaron flipando cos grupos e coas propostas. Na proba de son preguntaban en francés que era isto dunha zanfona, non estaban afeitos a ese tipo de stage. Foi revelador de que a música galega vale para ir fóra e chama a atención.
Cando concibían Feira, na pizarra había palabras como «bo rollo, bailable, fresco», referentes como Manu Chao e la Plazuela e música tradicional, mais tamén latina. Como se mesturou todo iso?
En 2022 sacamos un disco case case tradi, no que xa se empezaba a entrever que queriamos facer cousas distintas. No 2023 sacamos Morena, con Juan de Dios, e empezamos a coquetear con esa idea da pizarra: desinhibirnos, probar cousas novas, e saír do baúl de xéneros que nos influenciaban, como o tradi puro e duro ou o folk, e ir cara outra música que tamén nos gusta. Nós somos rapaces dos 90, temos Spotify, non vivimos nunha cova. Feira é o resultado disto, e nas feiras hai de todo. Grazas a unha residencia da SGAE empezamos a experimentar, reconverter temas, darlle un novo aire; mantendo a raíz, os contextos e as estruturas do tradi, pero xa con melodías compostas por nós ou letras arranxamos por nós. Hai un salto grande. Sobre todo, perdemos o medo a meter un sintetizador. Seguimos tocando música orgánica, iso é a nosa sinal de identidade. O do bo rollo é algo que vai con nós, e quixémolo levar máis alá. A xente dinos que nos nosos concertos nótase que o pasamos ben. Pois efectivamente. Cando acabamos o concerto, queremos volver subir e volver empezar.
- A Coruña aprueba los festivos locales para 2026: así queda el calendario laboral
- Las religiosas de María Inmaculada venden su sede de A Coruña al impulsor del Hotel Hilton y Marineda
- La ubicación de la Feria del Libro de A Coruña y Mostrart cambia por las obras
- Cambios en la estación de bus obligan a modificar el acceso a la intermodal
- Nuevos alquileres en Xuxán: 36.000 euros y 700 al mes
- El Ayuntamiento blinda el uso dotacional del edificio de las Inmaculadas tras su venta al impulsor del Hilton en A Coruña
- De la barra del Chaflán a una lona en la plaza de Lugo para simbolizar la unión entre Estrella y el Dépor
- Starbucks ultima su apertura en el Obelisco