A festa na Coruña da segunda volta ao mundo
A cidade celebra os 500 anos da expedición de Loaysa ás Illas Molucas, que partiu do porto rumbo a Filipinas por América

Recreación da saída da frota de García Jofre de Loaysa do porto o 24 de xullo de 1525. / LOC
Á. Abeledo
A segunda volta ao mundo partiu do porto da Coruña o 24 de xullo de 1525. A expedición ás Illas Molucas, en Filipinas, foi capitaneada polo comandante García Jofre de Loaysa. Nesta viaxe tamén participaron Juan Sebastián Elcano, e, aínda sendo novo, Andrés Urdaneta.
No tratado de Tordesillas de 1494, portugueses e casteláns repartíronse o mundo fixando un paralelo que atravesaba o Atlántico. A zona americana para os casteláns e a zona africana para os portugueses, pero ambos loitaban pola ocupación das Molucas, pola súa gran reserva de especias. «O premio era atopar unha riqueza inmensa, as illas tiñan unha gran cantidade de especias moi valiosas no mercado europeo», explica o historiador Xosé Alfeirán.

García Jofre de Loaysa. / LOC
En 1522 a Coroa de Castela, ao mandato de Carlos I, aprobou que A Coruña albergase a Casa da Contratación da Especiaría. «O porto da Coruña tiña condicións moi favorables, xa que tiña capacidade para albergar barcos grandes», di a directora do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, Ana Romero. «Isto supoñía unha grande oportunidade para o futuro da cidade, podía centralizar o comercio das especias nun porto que estaba moi ben situado na ruta comercial atlántica», comenta Alfeirán.
Durante a expedición morreron Loaysa e Elcano, pero isto non impediu que se completase a misión. «A expedición estaba perfectamente organizada, a cadea de mando estaba moi marcada», afirma Alfeirán. Das sete naos que partiron do porto só chegou a Molucas a Santa María de la Victoria. «Parte da tripulación quedou nas Molucas, loitou contra os portugueses e once anos despois volveu a España, polo que ao final foi a segunda circunnavegación a terra», explica Romero.
Urdaneta foi quen descubriu a ruta de regreso a España. Coñecida como O Galeón de Manila, establecía unha vía comercial de Filipinas á costa de Novo México, que pasaba polo Atlántico cara a Península, establecendo así unha valiosa ruta.
Algunhas curiosidades desta expedición foron que levaron a un grumete chino, que fora escravizado polos portugueses, e logo mercado polos españois para ser criado e intérprete na embarcación, sendo así o primeiro asiático en dar a volta ao mundo.

Participantes na presentación dos actos conmemorativos da expedición das Illas Molucas. / Iago López/Roller Agencia
Programa das actividades conmemorativas na Coruña
Os actos polo 500 aniversario da expedición de García Jofre de Loaysa ás Illas Molucas arricanrán este mércores, 23 de xullo, coa chegada ao porto da Coruña ás 15.30 horas do buque multipropósito da Armada Carnota. Dende as 17.30 ata as 19.30 horas haberá unha xornada de portas abertas no buque, que se repetirá o día seguinte de 11.30 a 13.30 horas. O xoves, 24, ás 11.30 horas inaugurarase unha exposición conmemorativa na rúa Compostela.
Dende o xoves ata o sábado haberá un congreso no Sporting Club Casino, organizado pola Orde de Cabaleiros de María Pita. O martes 29, ás 20.00 horas o Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses presentará na Autoridade Portuaria a publicación Da Coruña ás Molucas. Heroica odisea de desexos e frustracións conmemorativa deste quinto centenario. Durante os meses de setembro a decembro organizarase un ciclo de conferencias do Instituto José Cornide, en diferentes sedes da Coruña e Ferrol.
O programa de actos presentouse onte nun acto na Autoridade Portuaria no que participaron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o presidente do Porto, Martín Fernández Prado; e o membro do Instituto José Cornide Ricardo Pardo Gato. Tamén asistiron representantes das institucións que participan nesta conmemoración: o capitán de fragata Carlos Carballeira, da Armada; o presidente da Sociedad Filatélica de A Coruña, José Luis Rey; e a mestra de cerimonias da Orden de Caballeros de María Pita, Amparo Roquer.
- Abre al público el primer local comercial del barrio de Xuxán en A Coruña
- Arranca en A Coruña tras once años de espera la obra del nuevo mercado y centro de salud de Santa Lucía
- Luz roja del Ayuntamiento de A Coruña al proyecto de 100 viviendas entre A Maestranza y Metrosidero
- La Xunta ordena suspender el cambio que dio más usos a Espacio Coruña
- Cocinas de A Coruña que brillan en pocos metros cuadrados: 'El truco está en la organización y la comunicación constante
- A Coruña antes de Marineda City: cuando la ciudad inauguró su primer, y polémico, centro comercial del siglo
- El Supremo hace pagar al Concello de A Coruña por prorrogar una concesión sin límites
- Tres desayunos para dar la vuelta al mundo sin salir de A Coruña: 'En Perú desayunamos fuerte porque trabajamos mucho