Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«Tocar na Coruña é tocar onde xurdiu todo»

O festival Noroeste Estrella Galicia comeza este mércores ás 13.00 horas con Adgara & Ritman no Campo da Leña. Os escenarios estarán repartidos por diversos puntos da cidade como o castelo de San Antón, María Pita, Azcárraga ou o Portiño. Luar na Lubre tocará ás 22.30 horas o venres na praia de Riazor

O fundador de Luar Na Lubre, Bieito Romero, nun concerto. |

O fundador de Luar Na Lubre, Bieito Romero, nun concerto. | / E.P.

Á. Abeledo

A Coruña

Luar Na Lubre nace na Coruña, seguindo unha liña de estilo folk europeo. De onde nace esta iniciativa?

Traballamos co folk e nos inspiramos nas músicas populares e tradicionais de Galicia e dos países celtas. Realmente nacemos en 1985, pero decidimos empezar oficialmente en 1986, porque foi cando se consolidou o grupo. Naceu nun tempo onde non había practicamente nada deste estilo. Nos entendiamos que isto había que facelo e sácalo adiante cun obxectivo cultural, dende a perspectiva da música. Puido quedar en nada, pero o grupo sempre tivo unha aceptación popular, ao final son máis de 2.500 concertos, xirando por practicamente todos os continentes.

O ano que ven, no 2026, cumpren 40 anos. Teñen preparado algún proxecto especial?

A idea é facer unha xira especial, na que xa estamos pechando unha chea de concertos que nos levarán pola terra natal, a nivel nacional e internacional. Ademais, sacaremos o que vai a ser o seguinte traballo discográfico, que xirará en torno a palabra lubre, que foi admitida pola Real Academia Galega hai uns meses; isto para nos é un feito moi importante.

Encrucillada é un disco baseado na recompilación de música, relatos e fotografíaas para entender o que significa Luar Na Lubre. Por que deciden apostar por seguir unha especie de liña do tempo?

Encrucillada non é o primeiro recompilatorio, creo que é o terceiro, pero este é diferente. O que pretendiamos con el era celebrar o vixésimo traballo discográfico do grupo, e decidimos que era un momento para celebrar con cancións que teñen un significado especial dende a nosa traxectoria e perspectiva persoal. Ademais, é a primeira vez que editamos en formato libro-disco, son cancións que en moitos casos están regrabadas de novo, con moitas colaboracións e acompañadas dun libro que é unha especie de historia resumida de Luar Na Lubre con case 200 follas.

Na Coruña teñen unha carreira consolidada. Ao longo destes anos tocaron en practicamente todos os escenarios da cidade. Que é o que mais lles gusta de tocar na Coruña?

Tocar na Coruña é tocar onde xurdiu todo, nos somos de aquí, nados no barrio do Agra do Orzán, os nosos primeiros concertos foron por aquí. Pero bueno, tocamos en absolutamente todos os lugares da cidade. Volver a Coruña é recordar, sobre todo a emoción de atoparse cos amigos, familia, a contorna da cidade e da vista que temos os coruñese da Coruña, ao final temos un vento do nordés que nos marca unha personalidade.

Que espectáculo teñen preparado para o Noroeste?

O espectáculo vai estar baseado no noso último traballo, Luar Na Lubre XX-Encrucillada. É o noso vixésimo disco, con cancións que marcaron un pouco a nosa traxectoria a nivel personal, é a xira na que estamos. A idea é combinar estas cancións con temas máis clásicos, que é o que quere escoitar o público de sempre, as que son a banda sonora de moita xente, como O Son do Ar ou Chove en Santiago. Tamén presentaremos algún tema novo, un traballo que sairá o ano que vén, coincidindo co 40 aniversario, e teremos unha serie de convidados.

Que significa para vostedes ser cabeza de cartel esta ano no Noroeste?

Ser cabeza de cartel non ten maior transcendencia, o importante é conectar e ter un bo concerto, e que a xente o goce. Para nos é a primeira vez que tocamos no Noroeste, o importante é tocar na cidade, para toda a xente que viu crecer ao grupo.

Cal foi o momento mais emocionante de Luar Na Lubre na cidade da Coruña?

Todos os momentos son moi emocionantes, sobre todo se os podes compartir. Pero un momento moi espectacular foi o concerto ubicado no concello de Oleiros, en 1999 na praia de Santa Cristina xunto con Mike Oldfield e The Coors, sendo o concerto mais multitudinario que houbo en Galicia, se mal no recordo con máis de 150.000 persoas como público asistente. Estas historias son imborrables, aínda que o soñes, non o imaxinas.

Tracking Pixel Contents